PLAY PODCASTS
Todos os podcast | Mar de ardora

Todos os podcast | Mar de ardora

111 episodes — Page 3 of 3

Mar de ardora 02-12-2023

O patrón maior da Illa de Arousa confírmanos que a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra solicitou a declaración de zona catastrófica pola morte do marisco causada pola baixada de salinidade que provocaron as choivas do outuno. Ademais, analizamos co presidente da Asociación Galega de Depuradoras de Moluscos a entrada masiva de bivalvo do estranxeiro.

Dec 2, 202355 min

Mar de ardora 25-11-2023

Esta semana avaliamos os resultados do cumio da ICATT que en xeral pode ser positivos para a pesca galega. Pola contra, a frota que anda ao badexo "levou un pau" na UE polo peche do caladoiro no Cantábrico, como nos di Fran Varela, da confraría de Malpica. Ademais, destacamos ao homenaxe que lle preparan en Boiro ao pai Joseba Beobide.

Nov 25, 202355 min

Mar de ardora 18-11-2023

A patroa maior de Lourizán confirma que a campaña de marisqueo na ría de Pontevedra empezou con moi malos resultados. Falamos tamén do preocupante descenso na venda de peixe e, con Orpagu, do cumio do ICCAT sobre o atún, o bonito, o peixe espada e a quenlla. E é día de aniversario: a confraría de Burela fai hoxe cen anos.

Nov 18, 202355 min

Mar de ardora 11-11-2023

Ollamos para os prezos da centola no inicio da nova campaña, tamén para os da ameixa ou da voandeira. Na ría de Arousa, os temporais deixaron praias alfombradas de moluscos. E na Mariña imos a Celeiro a celebrar os cen anos da súa confraría.

Nov 11, 202355 min

Mar de ardora 04-11-2023

O programa vai a Outes, na ría de Muros e Noia, para charlar co director do festival de cine documental 'Mares da fin do mundo', Marcos Gallego, e coa mariscadora convertida a figura do TikTok, Mercedes Silva, 'Tokateki': "Tivemos a peor campaña de marisqueo que se lembra", asegura.

Nov 4, 202355 min

Mar de ardora 28-10-2023

O patrón maior de Barallobre comenta a apertura da campaña da vieira. Imos a Burela para falar cos palangreiros. O noso biológo imparte outra lección sobre as algas verdes e estudamos os problemas que vive o marisqueo na ría de Arousa.

Oct 28, 202355 min

Mar de ardora 21-10-2023

O quecemento global afecta á pesca e trae especies tropicais. En Noia, as primeiras poxas confirman as malas perspectivas da campaña do marisqueo. E imos a Celeiro para preparar a festa do centenario da súa confraría.

Oct 21, 202355 min

Mar de ardora 14-10-2023

O programa desta semana está enfocado na lexislación: avaliamos con pescadores e armadores o ano transcorrido trala aprobación de vedas en 87 áreas de pesca e consultamos con Anfaco a novas taxas da UE para a conserva. E no tempo do biólogo, sabemos algo máis da cherna ou mero.

Oct 14, 202355 min

Mar de ardora 07-10-2023

Abordamos os resultados de Conxemar 2023 dende o punto de vista dos empresarios e tamén o dos hostaleiros. Valoramos a apertura do marisqueo libre dende Rianxo e a Illa de Arousa. Vaticinamos o tempo dende Fisterra e aprendemos máis cousas sobre o prago.

Oct 7, 202355 min

Mar de ardora 30-09-2023

A especialista Irene Estévez comenta o plan da UE para que as confrarías se convertan en organizacións de produtores, o que, como nos contan en Noia, xa están facendo alí. A crise de Hiperxel chega aos xulgados. E en Cee celebran hoxe a súa homenaxe ás baleas, co libre 'Ser cetáceo' e a poesía e a escultura do mariñeiro Xosé Iglesias.

Sep 30, 202355 min

Mar de ardora 23-09-2023

O presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo repasa os resultados da reunión da NAFO. E o secretario xeral de Anfaco expón as alternativas que buscan as conserveiras ante os altos custos do aceite. En Burela alertan de que o prezo do bonito cae un 21% e recollemos as queixas contra o plan da eólica mariña.

Sep 23, 202355 min