
Audio is streamed directly from the publisher (crtvg-bucket.flumotion.cloud) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
Malestar nas confrarías de pescadores polo uso político da crise dos granulados nas costas galegas. Dende o sector do mar piden tranquilidade e confianza nos produtos galegos. Denuncian que a crise dos granulados agravou a caída do consumo e vendas na campaña de peixe e marisco.
Na sección 'Mar de Fóra', máxima alerta para a pesca galega en Arxentina. A chegada de Javier Milei á presidencia de Arxentina está afectando aos armadores galegos con negocios no país suramericano.
Na sección 'Mar de Proa', a Eurocámara critica a Comisión Europea por propoñer vetar o arrastre en todas as áreas protexidas en 2030. Entende que adoptou un enfoque demasiado simplista e pide que se teña en conta a opinión do sector da pesca.