
Todos os podcast | Mar de ardora
111 episodes — Page 2 of 3
Mar de Ardora 01-02-2025
Entrevista monografica ao señor Maño. 93 anos e máis de 60 de mar Foi o último patrón de lanchas xeiteiras da provincia da Coruña. Navegaba fundamentalmente na Ría de Fisterra e cercanía A entrevista foi gravada na illa grande de Lobeira a carón do vello faro. Ata ali chegamos en barco.
Mar de Ardora 25-01-2025
Adecuación da frota de arrastre un mes despois do Consello de Ministros da UE. A crise de Atunlo vive momentos decisivos. Que pasou con Pescados Rubén de Burela? Como van as grandes empresas pesqueiras no inicio de 2025? Lembranza a Bernardino Graña, poeta do mar.
Mar de ardora 20-01-2025
Mar de Ardora 13-01-2025
MAR DE POPA: Comeza o proceso electoral na Federación Nacional de Confrarías. Falamos con Basilio Otero. MAR DE FÁBULA. Barallobre aumenta nun 30 por cento as súas ventas despois da súa xira de promoción. Con Jorge López, patrón maior de Barallobre. MAR DE PROA. Situación crítica do marisqueo a flote da ría de Pontevedra, con Iago Tomé, patrón maior de Raxó MAR VIVIDO. A Xunta declara de interese galego a Fundación Estaleiros Fra. Entrevista a Francisco Fra. Ollada ao tempo, que dín os prognósticos do mar? Con Marcial Sar, patrón de Fisterra e armador. Colaboración de Javier García Galdo, Biólogo Marino. Experto en pesca sostible. Tema: as artes e aparellos de pesca: arte do xeito.
Mar de ardora 06-01-2025
Neste programa falamos de dous libros que contan historias do mar de Galicia. O catedrático de bioloxía aninal Alex Aguilar cóntanos como investigou a historia da caza de baleas que reflicte na súa obra "Chimán". Con Noemí Sabugal facemos unha viaxe pola vida e historia das nosas costas como a que describe en "Laberinto mar". O noso colaborador Xavier García Galdo lévanos ao mundo dos seres mariños de lenda.
Mar de ardora 30-12-2024
Mar de ardora 23-12-2024
Mar de ardora 16-12-2024
Mar de ardora 09-12-2024
Mar de ardora 02-12-2024
Mar de Ardora 25-11-2024
Mar de ardora 18-11-2024
Achégase o Nadal e o prezo do peixe vai subindo nos mercados. Coñecemos a súa evolución en conversa con Marcos Sendón, da peixería Mar del Norte. Estes dias celébranse varias xornadas nas que se debate sobre o futuro da pesca. Falamos co secretario da confraría de Celeiro, Máximo Díaz, sobre as XXVIII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro e con Angel Matamoro sobre o II Foro de Sustentabilidade Global dos Productos do Mar. En Bakú, no cumio do Clima, tamén se fala do mar, da suba do nivel do mar. Explícanolo o biólogo Xabier García Galdo.
Mar de Ardora 16-11-2024
Victorio Caamaño foi un dos últimos cazadores de baleas en Europa. Pasou 21 anos a bordo de barcos baleeiros e participou en outubro de 1985 na captura do derradeiro xigante ao que se lle deu morte nas costas de Galicia. Neste programa cóntanos a súa experiencia.
Mar de Ardora 9-11-2024
Como se presentan as campañas da volandeira e da centola? Saberémolo falando co administrador da lonxa de Cambados, Manuel Domínguez, e co patrón do Grove, Antonio Otero. Pulsamos con Eduardo Carreño o malestar dos cerqueiros galegos polo que consideran un trato discriminatorio fronte aos seus colegas do golfo de Cádiz. O director xeral de Espaderos del Atlántico explícanos que podemos agardar da próxima reunión da Comisón Internacional para a Conservación do Atún Atlántico. O noso biólogo de cabeceira, Xabier García Galdo, introdúcenos no mundo das esponxas.
Mar de ardora 02-11-2024
Xusto López Carril contou entre os convidados con: Luís Pérez Barral (alcalde de Ribeira), María José Casais Boo (xerente da Cooperativa de Ribeira OPP83), Antía Alberte Maneiro (concelleira de Cultura de Ribeira) e Marcos Gallego Fernández (director da Mostra). Dentro da programación de actividades paralelas desta 𝐕𝐈𝐈 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 un ano máis gravouse en directo o especial do programa da Radio Galega.
Mar de ardora 26-10-2024
Neste programa lembramos a loita que os boniterios de Burela emprenderon hai 30 anos contra a utilización de redes de enmalle á deriva. O presidente de AETINAPE, Xosé Manuel Muñiz, fálanos da súa histórica reivindicación de que a xente do mar obteña beneficios fiscais especiais. Falamos da crise da flota do cerco co patrón do "Alborán", Eduardo Carreño. Xavier García Galdo danos unha lección sobre artes de marisqueo.
Mar de Ardora 21-10-2024
A confraría de Carreira-Aguiño cumpre cen anos. Falamos da súa historia con José Vicente Domínguez. Entrevistamos á nova directora do Centro Tecnolóxico do Mar, Rosa Chapela. Sabemos máis da Iniciativa Lexislativa Popular para o Recoñecemento e Protección das Actividades Pesqueiras e Marisqueiras en conversa con Xaquín Rubido. O patrón xubilado, Felipe Sar, axúdanos a entender por que diminúan as capturas de polbo en Galicia.
Mar de ardora 14-10-2024
Mar de ardora 07-10-2024
Mar de ardora fai un porcorrido pola feira CONXEMAR en Vigo. O patrón maior da confraría de Vilanova, Rosalino Díaz, fálanos das espectativas e dos problemas no comezo da campaña marisqueira na Ría de Arousa, Cúmprense 15 anos desde o secuestro do atuneiro vasco "Alakrana" por piratas somalís no océano Índico.
Mar de ardora 30-09-2024
O voceiro da Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños, Torcuato Teixeira, analiza con nós o plan da eólica mariña. Comeza en Vigo o congreso FAO Conxemarbaixo o título "A reponsabilidade do Futuro". Falamos cunha das relatoras, Rosa Chapela, avogada especializada en temas do mar. Coordinadora da Área de Socioeconomía da Pesca no Centro Tecnolóxico do Mar. O experto en pesca sostible, o biólogo Javier García Galdo, desvélanos os segredos da arte de cerco.
Mar de ardora 23-09-2024
Reaccións ao nomeamento do novo comisario de Pesca e Océanos da Unión Europea. A Terceira Xornada de Pesca de Ribeira con varios asuntos no foco. Que porcentaxe de peixe se importa desde fóa da Unión Europea? A flota do litoral, ao límite. O porqué das mareas vivas desta semana con Javier García Galdo.
Mar de ardora 16-09-2024
O Xerente da Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo danos as chaves da conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca. Estamos coa premiada Asociación Profesional de Redeiras "O Fieltal" de Malpica. O historiador Chisco Fernández Naval fálanos das xornadas para recuperar a memoria da antiga factoría de baleas de Caneliñas que comeza o 19 de setembro, a piques de cumprirse 100 anos da súa posta en marcha. Os prognósticos do mar con Marcial Sar e as diferencias entre os atúns e os bonitos, co noso colaborador, o biólogo Javier García Galdo.
Mar de ardora 09-09-2024
Comeza o curso pesqueiro e analizamos os asuntos principais para este cuatrimestre. Que pasou no afundimento do Argos? Falamos con José Vicente Domínguez o primeiro patrón galego que pescou pescada nas Malvinas en 1978. Pechou a sardiña a finais de agosto. E agora que acontece coa flota de cerco? Falamos co voceiro de Acerga e co patrón maior de Cambados. Os sonidarios con Javier García Galdo.
Mar de ardora 02-09-2024
Conversa con Basilio Otero presidente da Federación Nacional de Cofradías de España. Que pasou no afundimento do Argos? Entrevista a José Vicente Domínguez, o primeiro patrón galego que foi á pescada nas Malvinas en 1978. Pechou a sardiña a finais de agosto. E agora que acontece coa flota de cerco? Falamos co voceiro de Acerga. Continúan as protestas dos mariscadores na Ría do Burgo na Coruña. Falamos cun directivo da confraría. Lembramos o afundimento do buque militar inglés The Captain fronte a Fisterra, tal día como o 7 de Setembro de 1870 con Pepe de Olegario de Sardiñeiro, rexistrador de naufraxios.
Mar de ardora 29-06-2024
Programa centrado no mundo do mar, con bloques de noticias, reportaxes, entrevistas e relato de historias humanas
Mar de Ardora 22-06-24
A sala dos naufraxios, aberta dentro do Museo de Man de Camelle, é a memoria viva do mar e da Costa da Morte: dos fondos mariños, do traballo dos mariñeiros, dos naufraxios e do labor da estación de salvamento. Afondamos no labor desta estación, fundada hai 125 anos, que foi punto de organización de rescate, centro de recepción dos tripulantes dos barcos afundidos e escola de mergulladores. En conversa co historiador naval Fernando Patricio Cortizo e con Manuel Suárez Pose, home do mar e maquetista, para repasar algúns dos grandes naufraxios, como o do City of Agra e o do HMS Serpent.
Mar de ardora 08-06-2024
Afondamos no último accidente dun pesqueiro galego, o Playa Zahara 2 en augas das illas Fiyi, e revisamos a situación do sector e as peticións lanzadas ás autoridades que saian das eleccións europeas en conversa con Daniel Voces, director xerente de Europêche. No Día Mundial dos Océanos falamos con Xosé Antonio Padín Álvarez, investigador principal do proxecto “Menudo ForoAcui”, sobre caída na produción de mexillón, os microplásticos e a necesidade dun maior compromiso co medio ambiente mariño.
Mar de ardora 01-06-2024
Achegámonos ó documental “Vogar”, premiado no festival Cine do Mar de Marín. Falamos coa súa directora, Andrea de la Iglesia, e co seu protagonista, Primitivo Pedrosa, patrón de artes menores, que chama a atención sobre as dificultades que atravesa a pesca de baixura. Coñecemos as razóns da convocatoria de folga na inspección de pesca, coa representante de CCOO Sandra González, as reflexións da avogada Rosa Chapela e as oportunidades que abren os GALP, os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro. Ademais, o biólogo Xavier García Galdo explica as características da agulla.s rías galegas.
Mar de ardora 25-05-2024
Descubrimos as razóns que levan a moitos armadores da baixura a desfacerse das súas embarcacións. Xosé Iglesias, de Malpica, asegura que non hai relevo xeracional e os barcos están a metade de prezo. Analizamos a última edición da feira Navalia co secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, e as expectativas da próxima campaña do bonito co presidente da Asociación de Armadores de Burela, Abelardo Basanta. Ademais, o biólogo, Xavier García Galdo, descríbenos as características do carneiro, un bivalvo das rías galegas.
Mar de ardora 18-05-2024
Analizamos a situación de Atunlo, empresa líder na comercialización do atún, que entrou en concurso de acredores, e os problemas noutras industrias transformadoras, coa representante da CIG Mar Vila e o profesor de Economía Aplicada Gonzalo Rodríguez. Achegámonos á VII Xornada Anual de OPMEGA, centrada na comercialización do mexillón, e repasamos algúns problemas do sector pesqueiro cos patróns das confrarías de Portosín e Barallobre. Ademáis, o biólogo, Xavier García Galdo, descríbenos as características doutra especie de peixe da costa galega, o coruxo.
Mar de ardora 11-05-2024
O programa afonda no problema da falta de relevo xeracional no sector pesqueiro. O excapitán de pesca e da mariña mercante, Xosé Vicente Domínguez, apunta as razóns polas que faltan traballadores e propón medidas para solucionalo. O director xerente de Opagac, Xulio Morón, fálanos da platafoprma de emprego Empleatún. Ademáis, Pedro Mato, fainos un adianto do que será o Foro do Mar de Malpica, e o biólogo, Xavier García Galdo, descríbenos as carácteristicas doutra especie de peixe, o rubio.
Mar de ardora 04-05-2024
A solicitude da Asociación Galega de Depuradoras de Depuradoras de xestionar zonas de marisqueo que non exploten as confrarías xerou unha gran contestación no sector. Buscamos a reacción do patrón maior da Illa, Juan José Rial. Sobre a veda do polbo falamos co vicepatrón da confraría de Muros, Primitivo Pedrosa. O xerente adxunto da Cooperativa de Armadores de Vigo, Hugo González, comenta as modificacións que se preparan no rexime sancionador de pesca. O xerente de Expomar, Xosé Manuel González, adianta o contido da próxima edición desta feira e o biólogo Xavier García explica as características do bonito do Atlántico.
Mar de ardora 27-04-2024
O programa recolle as reaccións das empresas do sector mar-industria trala decisión do Tribunal Constitucional de avalar a Lei Galega sobre Ordenacion do Litoral. Xusto López Carril entrevista ao presidente de AGARBA, Iván López, para coñece-la súa opinión sobre os plans da UE para limita-la pesca de arrastre. O presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla, explica os problemas de rendibilidade da frota de palangre. A presidenta das mariscadoras a pé de Muros, Adela Lestón, fainos a fotografía da crise do sector. Coñecemos o estaleiro Fibramar de Laxe; e o biólogo, Xavier García Galdo, fálanos dos cogombros de mar.
Mar de ardora 20-04-2024
Volven avistarse candorcas na costa galega. O voceiro do CEMMA, Alfredo López, explícanos as razóns. Santiago Pesqueira cóntanos por que está subindo o prezo do peixe. Falamos co patrón maior de Cambados, Alexandre Pérez, sobre a mala campaña da xarda no Cantábrico. O voceiro da Plataforma en Defensa da Pesca, Torcuato Teixeira, trasládanos as súas impresións sobre a primeira reunión organizada polo Ministerio de Transición Ecolóxica sobre o desenvolvemento da eólica mariña. Ademáis, o director do Festival de Cine Mareas da Fin de Mundo, Marcos Gallego, anticípanos novidades da próxima edición e o biólogo Xavier García Galdo descríbenos as principais cartacterísticas da lagosta.
Mar de ardora 13-04-2024
A escaseza de ameixa e berberecho está colocando nunha situación crítica a moitas mariscadoras. Imos coñecer polo miudo a súa situación en conversa cos patróns maiores de Barallobre, Jorge López Pena, e de Vilanova de Arousa, Rosalino Diaz. Buscamos a reacción da industria conserveira ao anuncio da Unión de Europea da aprobación da convocatoria do PERTE Mar-Industria. Procuramos a opinión do presidente de UPTA, Eduardo Abad, sobre a noticia de que as paradas de actividade xa non computarán para o adianto da xubilación dos pescadores. Antonio Haz, da Asociación de Percebeiros de Muxía, cóntanos como se vendeu este ano o percebe na Costa da Morte e o biólogo Xavier García Galdo falaranos das características da ameixa rubia.
Mar de ardora 06-04-2024
O voceiro de ACERGA, Marcial Suárez, fálanos sobre o estado do stock de sardiña e os topes de captura para a frota de cerco, asuntos a debate nas xornadas anuais que organiza a asociación. O biólogo Alfredo López, portavoz da CEMMA, explícanos por que están chegando en masa medusas e caracois vivos ás praias galegas. O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, adianta as peticións que lle trasladará ao goberno na mesa de traballo sobre o desenvolvemento de parques eólicos mariños que se reunirá a mediados de abril. Coñecemos maís sobre un dos peixes con carne máis apreciada, a castañeta vermella, da man do biólogo, Xavier García Galdo.
Mar de ardora 23-03-2024
O prezo da sardina está en caída e distintas personalidades do mundo do mar amosan a súa preocupación: Alberto Pérez, patrón maior de Cambados; Alberto Castro, secretario de ACERGA; e Eduardo Carreño, da frota do cerco de Portosín. Falamos tamén con Fernando Oubiña, xerente de Mariscos Laureano, sobre a crise marisqueira que está a provocar escaseza de produto nas depuradoras. Ademais, afondaremos nas alegacións que se van presentar contra o Regulamento Xeral de Costas do Goberno central e nos pronósticos do mar para os vindeiros días, con tempo tamén para descubrir unha especie comercial de Galicia: a corvina real.
Mar de ardora 16-03-2024
O patrón maior de Raxó, Iago Tomé, explícanos as razóns que levan ás confrarías da ria de Pontevedra a solicita-la ampliación da parada de actividade do marisqueo. Pasamos revista á campaña do ourizo falando con Xesús Pedreira, o maior comprador deste produto en Galicia. Unha empresa de Nigrán, Marine Instruments, fabrica drons para vixia-lo mar. O seu director xeral, Gabriel Gómez, explícanos como funcionan. O noso biólogo de cabeceira, Xavier García, preséntanos o pancho bicudo e lembramos a figura do expresidente da Cooperativa de Armadores de Vigo, Reinaldo Iglesias, recentemente falecido.
Mar de ardora 09-03-2024
Neste programa debullamos a crítica situación do marisqueo nas rías galegas debido á elevada mortandade dos moluscos. Percorremos as lonxas para saber se se están recuperando da caída de vendas experimentada en 2023. Celebramos o 120 aniversario de Anfaco con Roberto Alonso, secretario xeral da patronal das empresas conserveiras. Co biólogo Xavier García Galdo sabemos máis sobre unha especie peculiar: a anguía.
Mar de ardora 02-03-2024
Pulsamos con Torcuato Teixeira, portavoz da Plataforma en Defensa da Pesca, o sentir do sector ante a proposta do regulamento para producir electricidade en instalacións eólicas mariñas. A directiva de ACERGA, Carmen Chamorro, explícanos como afronta a flota do cerco a próxima campaña da sardiña. Os patróns Eduardo Carreño e Xosé Manuel Campaña cóntannos como se preparan para sair ao mar os barcos galegos que capturan xarda e bocarte no Cantábrico. Co patrón maior de Cudillero falamos do Plan Experimental de Extración de Ourizo que se pion en marcha en Asturias.
Mar de ardora 24-02-2024
Neste episodio de 'Mar de ardora' analizamos as mobilizacións do sector agrario. O sector do mar comparte co agro as súas reivindicacións contra as políticas agrarias europeas. Na sección 'Mar de Fábula', un grupo de expertos, entre eles Zaira Rodríguez, recolle nun libro a sabedoría popular e científica do peixe espada. Na sección 'Mar de Fóra', os bancos acredores da pesqueira Fandicosta, con sede en Moaña, aceptan o plan de compra que presentou a empresa viguesa Wofco. A proposta inclúe o compromiso de manter o 90% dos postos de traballo da área produtiva de Fandicosta. Na sección 'Mar de Proa', as confrarías están preocupadas pola ordenación de cotas de abadexo. Na sección 'Mar Vivido', un grupo de composteláns están dispostos a cruzar o Altántico nun veleiro utilizando tecnoloxía do século XVII.
Mar de ardora 17-02-2024
O segundo aniversario do afundimento do Villa de Pitanxo. Neste episodio de 'Mar de ardora' tamén analizamos o malestar na baixura polas cotas de abadexo e a raia mosaico. As confrarías pídenlle ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación modificar os criterios de xestión para mellorar as posibilidades de negocio destas especies.
Mar de ardora 10-02-2024
Neste episodio de 'Mar de ardora' analizamos a situación do sector primario, escoitamos as demandas dos mariñeiros, agricultores e gandeiros co motivo das mobilizacións das últimas semanas. Na sección 'Mar de Fábula' falamos da campaña do ourizo en Aguiño co patrón maior da Confraría de Pescadores de Aguiño, José Antonio Santamaría. Na sección 'Mar de fóra' descubrimos os problemas da frota de atún nos caladoiros, cotas ou licenzas co director xerente de OPAGAC. No espazo 'Mar de Proa' analizamos o Mapa das Mulleres da Pesca na provincia da Coruña, que se presentou na Asemblea Xeral da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca. Trátase dunha ferramenta virtual pioneira que pon en valor o papel da muller no sector do mar e amosa datos relevantes como, por exemplo, que a provincia da Coruña concentra a metade das redeiras de toda España.
Mar de ardora 03-02-2024
Neste episodio de Mar de Ardora analizamos o informe pericial do Villa de Pitanxo. O informe corrobora a versión de Samuel, un dos tres superviventes. Entrevistamos a María José de Pazo, voceira dos familiares das vítimas. Neste podcast tamén analizamos o borrador das cotas do abadexo para os próximos tres anos e descubrimos as claves da problemática do cerco.
Mar de ardora 27-01-2024
Malestar nas confrarías de pescadores polo uso político da crise dos granulados nas costas galegas. Dende o sector do mar piden tranquilidade e confianza nos produtos galegos. Denuncian que a crise dos granulados agravou a caída do consumo e vendas na campaña de peixe e marisco. Na sección 'Mar de Fóra', máxima alerta para a pesca galega en Arxentina. A chegada de Javier Milei á presidencia de Arxentina está afectando aos armadores galegos con negocios no país suramericano. Na sección 'Mar de Proa', a Eurocámara critica a Comisión Europea por propoñer vetar o arrastre en todas as áreas protexidas en 2030. Entende que adoptou un enfoque demasiado simplista e pide que se teña en conta a opinión do sector da pesca.
Mar de ardora 20-01-2024
Mar de ardora volve centrarse na vertedura de granulados, os chamados pellets, que salpican a costa galega. Contactamos coa empresa contratada polo Toconao para recoller boliñas nas praias. Ademais, repararemos noutros exemplos da loita contra os microplásticos no mar: o de Sufrider España e o da ONG Good Karma Projets de Cataluña. Tamén conversaremos con Xosé Manuel Barros, o mariñeiro que expón esculturas feitas con refugallos na Casa dos peixes da Coruña. E teremos máis datos sobre o lixo marino co biólogo Javier García Caldo.
Mar de ardora 13-01-2024
Analizamos dende diferentes puntos de vista a vertedura de 26 toneladas de granulado plástico procedentes do mercante Toconao. Dan a súa opinión Basilio Otero, presidente da Federacion Nacional de Confrarías de Pescadores; Juan Garrido, catedrático experto na xestión dos residuos do Prestige; Juan Bellas, do Instituto Español de Oceanografía de Vigo; Javier García Galdo, especialista en pesca sostible; e o avogado Ramón Sabín, que representou as cofradias nas crises do Mar Exeo e do Prestige.
Mar de ardora 23-12-2023
Revisamos como están os prezos do peixe e do marisco na véspera de Noiteboa e buscamos datos cos patróns maiores das confrarías de Cangas e de Aguiño e co responsable dunha peixeria. No Mar de Fóra ollamos á crise de Oriente Medio e conversamos con José Manuel 'Piticas' , que navegou durante moitos anos polo Mar Vermello.
Mar de ardora 16-12-2023
Avaliamos os resultados do consello de pesca da UE co presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, e co da Plataforma Europea de Pesca con Artes de Fondo, Iván López. E, a uns días de que cheguen as celebracións do Nadal, ollamos para o inicio das campañas da vieira en Arousa e do percebe en Muxía.
Mar de ardora 09-12-2023
O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, expón as perspectivas do sector na véspera de asistir á reunión do consello de ministros de pesca da Unión Europea. No marisqueo coñecemos as propostas da Plataforma en Defensa da Rría de Arousa. E conversamos co historiador naval Patricio García sobre o Maré de Invernía que organiza en Camelle a Asociación Cultural Naufraxios Galegos.