
Unha multa de tráfico reabre o debate sobre a convivencia de galego e castelán
Voces de Galicia (Con Isidoro Valerio) · Voces de Galicia - Radio Voz
March 20, 201344m 40s
Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
A Mesa Pola Normalización Lingüística reclamou hoxe que se deixe de excluir o galego nas sinalizacións públicas, logo de que o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra ditase unha sentenza que abre a polémica ao sinalar que boa parte dos sinais de tráfico que restrinxen o aparcamento na cidade de Pontevedra son ilegais porque as indicacións están escritas só en Galego. A sentenza insiste en que a Administración municipal é a responsable de «asegurar, cunha correcta sinalización axustada ás esixencias legais, a perfecta comprensión polos usuarios da vía». En definitiva, que é responsabilidade do Concello de Pontevedra o que todos os condutores coñezan as obrigas e prohibicións específicas que rexen para o tramo polo que circulan ou na zona na que desexan estacionar. Deste modo, entende que o feito de que as indicacións non estivesen recollidas tamén en castelán impediu que o demandante sancionado polo concello tivese un coñecemento exacto das horas nas que o aparcadoiro estaba restrinxido. Hoxe, dende o concello afirman que manterán as sinais só en galego.