
Sección Consumo Eléctrico: Sube a parte fixa do recibo eléctrico e os oíntes buscan como abaratarlo
Voces de Galicia (Con Isidoro Valerio) · Voces de Galicia - Radio Voz
February 5, 201419m 34s
Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
Un mércores máis atendemos as dúbidas da audiencia despois de que o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicara o sábado dúas disposicións que afectan ao sistema eléctrico. Unha orde que revisa as peaxes de acceso de enerxía eléctrica para 2014 e unha resolución que actualiza a composición nos prezos voluntarios para o pequeno consumidor. As disposicións, levan consigo unha suba da parte fixa do recibo mentres baixa o prezo do correspondente ao consumo eléctrico. Deste modo, o Termo de Potencia, da ata agora denominada tarifa TUR, sobe un 18%, ata os 42,04 euros por quilovatio (kW). Será o que deba pagar o consumidor á eléctrica aínda que non consumise ningún kWh.