
Os Editores Galegos opinan sobre a sentencia do Decreto para o Plurilingüismo
Voces de Galicia (Con Isidoro Valerio) · Voces de Galicia - Radio Voz
November 26, 201215m 24s
Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) facía pública a pasada semana a sentencia sobre os recursos que presentaran, contra o Decreto para o Plurilingüísmo no Ensino, o sindicato CIG, a Mesa pola Normalización e a plataforma Queremos Galego. O TSXG anula o artigo do Decreto, no que se establece unha consulta as familias sobre a súa preferencia lingüística para as aulas. Tamén considera "ilegal" o artigo, no que se lle permite ó alumnado a empregar a lingua da súa preferencia nas aulas, ó considerar que "non facilita a adquisición da destreza esixida ó alumno na lingua propia desta Comunidade". Hoxe quixemos coñecer a opinión dos editores galegos, os que o decreto perxudicou no seu día o quedar aparcados moitos manuais escolares en lingua galega