PLAY PODCASTS
Sons de Nós con Sofía Espiñeira 11 de abril de 2025

Sons de Nós con Sofía Espiñeira 11 de abril de 2025

SONS DE NÓS RadioFusión · Radiofusión

April 11, 20251h 4m

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

Esta innata polivalencia de Sofía fai que os seus proxectos e propostas artísticas agromen en formas de moi diversa natureza. Mais é na música onde atopa o seu proxecto máis persoal, sobre todo na composición, tecer músicas e textos; unha inquedanza que leva dende sempre, dende que empezou a “tontear” coa guitarra que a súa nai tiña na casa e que a impulsa a compoñer cancións, “aínda que logo nunca as cante”. O empurrón definitivo á súa faceta como cantante, veu no ano 2016 tras resultar gañadora do II Certame de canción de autor do concello de Teo. E mirade se os premios poden ser importantes para unha artista que este, o de Teo, permitiulle lanzar o seu primeiro traballo musical o disco “Alá onde agroman as herbas”, agora ven de presentar “Xeografías” un segundo traballo musical que a autora foi presentando en pílulas ben dosificadas e que agora podemos escoitar ao completo nas plataformas. , aínda que xa coñeciamos algunhas pezas. Sofía Espiñeira forma parte dese grupo de mulleres novas que están a ofrecernos propostas artísticas do máis variado e do máis novidoso no panorama musical galego, dende o máis íntimo da súa proposta musical. En Sons de Nos temos a seguridade de que ese fol que aparece en Xeografías, lonxe de estar baleiro ten espazo para moitas novas propostas dende todas as súas facetas artísticas.