
Sons de Nós con Hugo Guezeta 23 de maio de 2025
SONS DE NÓS RadioFusión · Radiofusión
May 23, 202559m 45s
Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
Non pode negarse que as músicas urbáns están en Galicia nun momento ben interesante, rap, trap, hip-hop, rap metal, todo unha pléxade de propostas que fan que sexa un dos momentos máis vizosos para moitos e moitas artistas galegos.
En Sons de Nós temos a intención de achegarvos todo o que está a facerse no panorama musical galego no que a nosa lingua sexa o centro e motor da súa produción e resulta innegable que xa non hai proposta, nin xénero musical, que non conte na actualidade cunha boa parte dos seus representantes que non fagan a súa produción en lingua galega.
Moi interesante a pegada que as músicas urbanas e a música electrónica teñen entre a mocidade galega. O seguimento ás bandas e solistas deste xénero está facendo que agromen propostas de concertos deste tipo por toda a xeografía galega. Ademais é máis que salientable o número de propostas deste xénero que “rapean”en galego con total naturalidade a xeito de herdeiros dos regueifeiros de toda a vida.
Hugo Guezeta é un dos representantes desta corrente musical máis salientable, del din os críticos que é un dos rapeiros e letristas máis importantes e talentosos do panorama coñecido no panorama musical galego.
Hugo xa é un coñecido do público das músicas urbanas porque formou parte dende 2016 a 2023 de SonDeRua, o grupo separouse en 2023 En 2024, iniciou un proxecto en solitario, que está a situalo como un referente no mundo do rap galego.
Tivemos a sorte de que Hugo veña na compaña do produtor Peter Petrowsky, o seu cómplice imprescindible nesta súa nova andaina musical e de Iván That Bass Dj, quen está participando nos directos de presentación do seu disco O Noso Tempo na xira na que están embarcados.