PLAY PODCASTS
Sons de Nós A Pedreira 15 de novembro de 2024

Sons de Nós A Pedreira 15 de novembro de 2024

SONS DE NÓS RadioFusión · Radiofusión

November 15, 20241h 8m

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

Difícil traballo presentar a A Pedreira, porque falar dela é falar dunha muller tan poliédrica e con tantas facetas que resumir unha presentación non é sinxelo, aínda que é un auténtico pracer. María Eugénia Pedreira Sanches, Ugía, A Pedreira, naceu na Mariña Luguesa, en Vilaronte (Foz), e iso xa é dicir algo, porque o territorio marca. Ugía sempre sentiu cantar na casa, a súa nai cantaba “e cantaba ben”, segundo a propia Ugia. A Pedreira é unha cantautora das de verdade. Pode que isto sexa así porque coida a escrita e as palabras pero tamén porque non ten medo a pescudar e mesturar xéneros musicais e influencias de calquera tipo. A súa versatilidade consegue enriquecer o panorama da música galega grazas á súa capacidade de mestura de xéneros musicais. É, con toda seguridade, unha das precursoras da nosa música e ademais é innegábel que segue a estar na vangarda coas súas propostas.