PLAY PODCASTS
Sons de Nós 24 de novembro de 2023

Sons de Nós 24 de novembro de 2023

SONS DE NÓS RadioFusión · Radiofusión

November 24, 202346m 52s

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

Xiao Berlai é o creador do proxecto musical Berlai, unha proposta á que é difícil poñer etiquetas, si é que iso fose preciso, pero que eles mesmos definen como Indie “rururbano”. As letras de Berlai son reivindicativas, comprometidas, retranqueiras, nas que o humor non está rifando coa reivindicación máis comprometida. Fálannos dunha Galiza que quere ser urbana e non pode, nen quere, deixar de ser rural. Como Xiao gosta de dicir, “onde as berzas som urbanas, ou o milho necessita cintas de baliçamento policial”. No ano 2016 publica Desconhecido, Cas Berlai no 2020 e Estampas Galegas neste ano 2023. Estampas Galegas é un proxecto redondo, música, textos previos que dan contexto ás cancións e acompáñanse de láminas de Leandro Lamas. Un fermoso proxecto. Como case todxs nós, Xiao Berlai bota en falta espazos específicos na programación da radio e televisión pública adicados ás crianzas. Aqueles anos nos que O Xabarín Club tanto fixo porque toda unha xeración se achegara ao uso do galego, e polo apoio á música feita en galego por grupos galegos. Por iso Berlai colaborou cunha canción, “Roubáronnos a Heroína”, para o peche da campaña "Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG". Unha iniciativa que promove que haxa máis e mellor difusión de programación infantil e xuvenil en galego.