PLAY PODCASTS
Sons de Nós 1 de marzo de 2024

Sons de Nós 1 de marzo de 2024

SONS DE NÓS RadioFusión · Radiofusión

March 1, 202457m 35s

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

Encrucillada está de volta. Aínda que nunca se foron do panorama da música tradicional o seu novo disco, “De Volta!!” é un retorno á actividade despois da paralización que supuxo a pandemia e dun cambio nos compoñentes da banda. Encrucillada nace aló polo 2016 froito da casualidade, porque aínda que os seus compoñentes son da mesma comarca de Ferrolterra non se coñecían entre eles. E nese cruce de cada un dos seus camiños, non tan diferentes, xa que veñen de beber das fontes do “trad”, xuntáronse nunha proposta musical na que lle dan “unha volta ao seu xeito” a pezas tradicionais do repertorio galego. Óscar Maceiras na percusión, Antonio López Lago nas gaitas e ocarina, Javier Rodríguez Castro no acordeón, Alberto Maceiras ao saxo e Elena Díaz Pardo e Xoán Padín poñendo as voces son Encrucillada. Estade ben atentos porque están preparando a presentación do disco e, a bon seguro, pagará a pena escoitar o seu directo, porque Encrucillada, lonxe de estar nun cruce de camiños, coñecen moi ben o camiño a andar.