
RUMBOIA 132 : Agustín Sánchez – Pezas de aquí e acolá – 2012
SONS DE NÓS RadioFusión · Radiofusión
July 29, 202016m 12s
Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
Agustín Sánchez compaxina as facetas de músico e compositor coa de mestre de música. Titulado en Educación Musical pola USC e posuínte do Título Profesional de Gaita Galega, conta cunha ampla experiencia no eido da música tradicional, tendo participado como gaiteiro en importantes festivais internacionais e acadando importantes galardóns da música tradicional.
“Pezas de aquí e acolá” é o título do primeiro traballo discográfico de Agustín Sánchez dedicado integramente á formación de cuarteto tradicional, no que se recolle unha selección das súas composicións e arranxos para esta formación. Partindo sempre da tradición do seu lugar de orixe, Galiza, Agustín introduce algúns dos ritmos e xéneros más representativos do novo continente, achegándonos a países como Arxentina, Venezuela, Cuba ou EE.UU, e empregando unicamente a sonoridade propiciada polas gaitas e a percusión tradicional.