PLAY PODCASTS
SONS DE NÓS RadioFusión

SONS DE NÓS RadioFusión

1,508 episodes — Page 5 of 31

Sons de Nós 2 de xullo de 2025

1-Lamatumbá-Botando leña 2-Nebra-María Benita 3-Minguante-Para saber de ti 4-Lontras-Neve e luz 5-Guadi Galego-Podíasme levar 6-Meiga-I e o Rabelo-Fantasía 7-9Louro-Cando Che vin 8-Shera & Sile-Ver o sol en Mponeng 9-Os Carecos-Cafetrece 10-Galician Army-Outro 11-Monoulious Dop-Somos os mellores 12-Vimbio-Eu non quero Traballar 13-Uxía Lambona e a Banda Molona-Isto Báilase así 14-A Roda-Foliada do Celta

Jul 2, 202552 min

Sons de Nós 1 de xullo de 2025

1-Lamatumbá-Botando leña 2-Nebra-María Benita 3-Minguante-Para saber de ti 4-Lontras-Sangue no canal 5-Guadi Galego-Se me axudas 6-Meiga-I e o Rabelo-Fantasía 7-9Louro-Mariaches 8-Shera & Sile-Mal fario 9-Os Carecos-Muiñeira de Caión 10-Galician Army-María 11-Monoulious Dop-Somos os mellores 12-Vimbio-Eu non quero traballar 13-Ricardo Monteiro-Príncipe Alí 14-Lontreira-Campo da festa

Jul 1, 202549 min

Sons de Nós 30 de xuño de 2025

1-Lamatumbá-Botando leña 2-Nebra-María Benita 3-Minguante-Para saber de ti 4-Lontras-Sangue no canal 5-Guadi Galego-Se me axudas 6-Meiga-I e o Rabelo-Fantasía 7-9Louro-Mariaches 8-Shera & Sile-Mal fario 9-Os Carecos-Muiñeira de Caión 10-Galician Army-María 11-Monoulious Dop-Somos os mellores 12-Vimbio-Eu non quero traballar 13-Fani Otero,Guillerme Fernández,Xabier Díaz e Quim otero-A bicos 14-SonDaRúa-Eterno combate

Jun 30, 202551 min

Sons de Nós con María lópez 27 de xuño de 2025

Esta muller -que por se a formación musical fose pouca, está a estudar Enxeñería Industrial- ten xa colaborado entre outros nomes propios, con Susana Seivane ou Carlos Núñez. María pode tamén presumir de premios dende moi nova porque esta artista gañou en 2019 -foi a primeira muller galega en conseguilo e a máis nova, 14 anos- o premio máis prestixioso no mundo da gaita: o Trofeo MacCrimmon do Festival Intercéltico de Lorient. A pesar da súa curta idade, María ten non só participado en proxectos de recuperación do traballo de mulleres no mundo da música. Eis o caso das súa participación na iniciativa da Asociación de Gaiteiras Galegas, “As que dormen entre o centeo”, un proxecto que puxo en valor a creatividade das mulleres do ámbito da gaita galega, tradicionalmente moi masculinizado. Ademais María ten creado un espectáculo no que, coa súa zanfona, recupera a figura dunha muller, “Lucía da Conceição Fernándes, a Cega do Covelo”, quen acompañada do seu home percorrían o rural galego cos seus cantos. Daydreaming, o seu primeiro disco, publicouse en febreiro deste ano e resulta un proxecto ben interesante, porque coloca aos seus instrumentos en tesituras pouco habituais para eles. Un proxecto elaborado con mimo coas pezas que a María lle presta tocar. Como a costureira do poema de Rosalía que da nome a “As que dormen entre o centeo”, María López tampouco se resigna a que no a deixen sacar o punto, tece cos seus múltiples instrumentos un xeito moi persoal de presentarse no mundo da música, e isto non vai ser o soño dun día nin soñar esperta.

Jun 27, 202543 min

Sons de Nós 26 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Se me axudas 2-9Louro-Oes bb? 3-Dogo-Voltar 4-Shera & Sile-Incontrolable 5-Os Carecos-Maneo de Caión 6-Galician Army-Interlude 7-Monoulious Dop-Somos os mellores 8-Meiga-I e O Rabelo-Fantasia 9-Ortiga-As mociñas 10-Os Rastreros-A máquina 11-Karü-Que o demo me leve 12-Belem Tajes-Amar o mar 13-Pablo Díaz-Piratas 14-Tanxugueiras-Pano corado

Jun 26, 202542 min

Sons de Nós 25 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Se me axudas 2-9Louro-Oes bb? 3-Dogo-Voltar 4-Shera & Sile-Incontrolable 5-Os Carecos-Maneo de Caión 6-Galician Army-Interlude 7-Monoulious Dop-Somos os mellores 8-Meiga-I e O Rabelo-Fantasia 9-Ortiga-As mociñas 10-Os Rastreros-A máquina 11-Karü-Que o demo me leve 12-Belem Tajes-Amar o mar 13-Pirilampo-A casa do tío Nicanor 14-Fuxan os Ventos-Ancares

Jun 25, 202543 min

Sons de Nós 24 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Aprendes a nadar 2-9Louro-Mariaches 3-Dogo-Aí Ven ela 4-Shera & Sile-Camiñar recto 5-Os Carecos-Na Fonte de Elviña 6-Galician Army-Interlude 7-Monoulious Dop-Somos os mellores 8-Meiga-I e O Rabelo-Fantasia 9-Ortiga-As mociñas 10-Os Rastreros-A máquina 11-Karü-Que o demo me leve 12-Marián-Mareas 13-As Incribles Páncreas-Xabarín 14-Xil Ríos-Xirarei

Jun 24, 202543 min

Sons de Nós 23 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Aprendes a nadar 2-9Louro-Mariaches 3-Dogo-Aí Ven ela 4-Shera & Sile-Camiñar recto 5-Os Carecos-Na Fonte de Elviña 6-Galician Army-Interlude 7-Monoulious Dop-Somos os mellores 8-Meiga-I e O Rabelo-Fantasia 9-Ortiga-As mociñas 10-Os Rastreros-A máquina 11-Karü-Que o demo me leve 12-Marián-Mareas 13-La Marabunta-Morcego 14-Andrés Do Barro-O Tren

Jun 23, 202543 min

Sons de Nós con SOS 20 de xuño de 2025

SóS son un powerdúo de rock alternativo formado por Adrián Castro (batería e coros) e David Pita (baixo e voz principal), unha proposta emerxente aínda que os seus dous compoñentes contan con máis dunha década de experiencia e con máis dun lustro tocando e experimentando xuntos. Froito desa experimentación xurde a proposta na que traballan dende 2023. Aseguran que son peculiares porque con só dous instrumentos fan soar o seu estilo sen necesidade de engadir ningún instrumento mais. 6 temas propios forman parte do seu primeiro EP que leva o nome de “Volume Un”, xa dando pistas de que hai un volume dous agardando xa para entrar no “forno”. Este seu primeiro traballo xa está ao voso dispor en plataformas e tamén en formato físico pero estade atentxs, porque están preparando unha mini xira de presentación.

Jun 20, 202535 min

Sons de Nós 19 de xuño de 2025

1-Dogo-Aí ven ela 2-Os Carecos-Cantode traballo de vilabalde 3-Galician Army-Ga Ga 4-Monoulious Dop-Somos os mellores 5-Meiga-I e O Rabelo-Fantasia 6-Ortiga-As mociñas 7-Os Rastreros-A máquina 8-Guadi Galego-Bailar 9-Cristian Silva-Ovelha neghra 10-Mondra-Ata que enrouqueza 11-Karü-Flores na estrada 12-Marela-Terra soñada 13-Pirilampo-Pirilampo vai ao mercado 14-Satareixas-De cero a cen

Jun 19, 202546 min

Sons de Nós 18 de xuño de 2025

1-Dogo-Aí ven ela 2-Os Carecos-Cantode traballo de vilabalde 3-Galician Army-Ga Ga 4-Monoulious Dop-Somos os mellores 5-Meiga-I e O Rabelo-Fantasia 6-Ortiga-As mociñas 7-Os Rastreros-A máquina 8-Guadi Galego-Bailar 9-Cristian Silva-Ovelha neghra 10-Mondra-Ata que enrouqueza 11-Karü-Flores na estrada 12-Marela-Terra soñada 13-Magín Blanco-A risa 14-Caamaño & Ameixeiras-Aire!

Jun 18, 202547 min

Sons de Nós 17 de xuño de 2025

1-Galician Army-Valuria 2-Meiga-I e O Rabelo-Fantasia 3-Dogo-Sangue 4-Monoulious Dop-Somos os mellores 5-Os Carecos-Canto de arrieiro 6-Ortiga-As mociñas 7-Os Rastreros-A máquina 8-Guadi Galego-Bailar 9-Cristian Silva-Ovelha neghra 10-Mondra-Ventilar o cuarto 11-Karü-Herba seca 12-Marela-Cinza 13-Pablo Díaz-No San Xoán 14-Baiuca e Leilía-Vai tu

Jun 17, 202544 min

Sons de Nós 16 de xuño de 2025

1-Galician Army-Valuria 2-Meiga-I e O Rabelo-Fantasia 3-Dogo-Sangue 4-Monoulious Dop-Somos os mellores 5-Os Carecos-Canto de arrieiro 6-Ortiga-As mociñas 7-Os Rastreros-A máquina 8-Guadi Galego-Bailar 9-Cristian Silva-Ovelha neghra 10-Mondra-Ventilar o cuarto 11-Karü-Herba seca 12-Marela-Cinza 13-Os Diplomáticos de Montealto-Oda ao futbolín 14-Mercedes Peón-Isue

Jun 16, 202544 min

Sons de Nós con Milladoiro segunda parte 13 de xuño de 2025

Milladoiro segue a ser un referente para toda unha serie de xeracións posteriores de músicos. O seu traballo ten servido para poñer en valor unha cultura que estaba menosprezada e que vivía na crenza de que non tiña valor. Eles fixéronnos ver que a nosa música tradicional tiña un lugar máis que meritorio na música de calidade. Foron quen de situar a súa creación e a nosa tradición nunha posición de prestixio internacional. Continuaremos, neste segundo programa de Sons de Nós adicado a Milladoiro, a conversar con Xosé Ferreirós, un dos seus compoñentes dende o inicio do proxecto. Pepe acompáñanos no programa facendo balance da súa traxectoria. E é que seguramente non somos conscientes da pegada indeleble desta banda na música galega, das moitas pezas que Milladoiro nos ten agasallado, os seus discos, as bandas sonoras de películas, esas pezas que xa forman parte da nosa identidade como pobo pero tamén da banda sonora das nosas vidas como persoas individuais. 46 anos poñendo pezas nese Milladoiro imaxinario que seguirá a medrar

Jun 13, 202541 min

Sons de Nós 12 de xuño de 2025

1-Monoulious Dop-Somos os mellores 2-Os Carecos-Cafetrece 3-Guadi Galego-Bailar 4-Os Rastreros-A máquina 5-Cristian Silva-Ovelha neghra 6-Mondra-Como se colea 7-Dogo-C.I.O. 8-Franch Riviera-Sábado noite 9-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 10-Ollo, Lóstrego!-Ocaso 11-Karü-Agardarei 12-Marela-Cinza 13-Uxía Lambona e a Banda Molona-Catro vellos mariñeiros 14-C Mirazo-Que hoxe salimos con todo

Jun 12, 202552 min

Sons de Nós 11 de xuño de 2025

1-Monoulious Dop-Somos os mellores 2-Os Carecos-Cafetrece 3-Guadi Galego-Bailar 4-Os Rastreros-A máquina 5-Cristian Silva-Ovelha neghra 6-Mondra-Como se colea 7-Dogo-C.I.O. 8-French Riviera-Sábado noite 9-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 10-Ollo, Lóstrego!-Ocaso 11-Karü-Agardarei 12-Marela-Cinza 13-Papi e Mami-Un xigante elegante 14-Xose Lois Romero & Aliboria-Muiñeira de Ons

Jun 11, 202552 min

Sons de Nós 10 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Bailar 2-Os Carecos-Na fonte de Elviña 3-Monoulious Dop-Somos os mellores 4-Os Rastreros-A máquina 5-Cristian Silva-Ovelha neghra 6-Mondra-Vale máis un canciño 7-Dogo-C.I.O. 8-French Riviera-Sábado noite 9-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 10-Ollo, Lóstrego!-Ocaso 11-Karü-Que o demo me leve 12-Marela-Cinza 13-Olga Brañas-O Rock Pituso 14-Acordeireta-Deitado frente o mar

Jun 10, 202547 min

Sons de Nós 9 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Bailar 2-Os Carecos-Na fonte de Elviña 3-Monoulious Dop-Somos os mellores 4-Os Rastreros-A máquina 5-Cristian Silva-Ovelha neghra 6-Mondra-Vale máis un canciño 7-Dogo-C.I.O. 8-French Riviera-Sábado noite 9-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 10-Ollo, Lóstrego!-Ocaso 11-Karü-Que o demo me leve 12-Marela-Cinza 13-Zé da Viola-Amigo estou aquí 14-Xoel López-A serea e o mariñeiro

Jun 9, 202548 min

Sons de Nós con milladoiro 1ª parte 6 de xuño de 2025

"Agora toca divertirse" Todo ao longo do camiño de Santiago existían uns lugares onde cada peregrino tiraba una pedriña que, xunto cás deixadas polos outros, formaban montóns considerables. Estes lugares chamábanse “milladoiros”, testemuñas caladas dun tempo no que deica nós chegaron influencias e vibracións de toda Europa. Ese é o nome que a mítica banda Milladoiro escolleu para si. 46 anos colocando pedras en forma de cancións neste milladoiro imaxinario que iniciaba a mítica banda naquel outono de 1978 no que se xuntaron para decidir o nome que habían poñerse e que deron a coñecer por vez primeira un 15 de maio de 1979 no Auditorio dos Salesianos da Coruña. Persoas fundamentais da música galega teñen pasado pola formación de Milladoiro. A formación actual con Nando Casal, Xosé Ferreirós, Moncho García, Harry C, Manu Conde e Manu Riveiro seguen mantendo o espírito da banda e defendéndoo nos escenarios, porque segundo afirman “subir a un escenario é un acto que aposta pola longa vida dun tipo de música e, cecais, tamén dun tipo de vida. “ Case 50 anos dunha carreira profesional que ten aportado respecto e prestixio á nosa música tradicional nun momento no que era preciso reforzala e defendela, poñela no lugar que lle correspondía, en xusta correspondencia como eles mesmos afirman “á reafirmación e o recoñecemento a una herdanza que permaneceu fértil grazas a mans sen nome”. Pepe Ferreirós, un dos fundadores da banda acompañounos en Sons de Nós para falármonos destes 46 anos de éxitos e si, tamén e sobre todo, de compromiso co noso.

Jun 6, 202559 min

Sons de Nós 5 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Bailar 2-Os Carecos-Na fonte de Elviña 3-Mondra-Vale máis un canciño 4-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 5-Gala i Ovidio-Espadelada Gio 6-Ollo,Lóstrego!-Ocaso 7-Xose lois Romero & Aliboria-o Bruar das cantareiras 8-Karü-Que o demo me leve 9-Marela-Cinza 10-Faia Díaz-Romance 11-Bellón Maceiras-Corridinho 12-Amorodo-Cero 13-Magín Blanco-Teatro 14-Emilio Cao-Nace o día

Jun 5, 202553 min

Sons de Nós 4 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Bailar 2-Os Carecos-Na fonte de Elviña 3-Mondra-Vale máis un canciño 4-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 5-Gala i Ovidio-Espadelada Gio 6-Ollo,Lóstrego!-Ocaso 7-Xose lois Romero & Aliboria-o Bruar das cantareiras 8-Karü-Que o demo me leve 9-Marela-Cinza 10-Faia Díaz-Romance 11-Bellón Maceiras-Corridinho 12-Amorodo-Cero 13-Galinha Pintadinha-Donha aranha 14-Aerolineas Federales-Que calor

Jun 4, 202549 min

Sons de Nós 3 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Bailar 2-Os Carecos-Na fonte de Elviña 3-Mondra-Vale máis un canciño 4-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 5-Gala i Ovidio-Espadelada Gio 6-Ollo,Lóstrego!-Ocaso 7-Xose lois Romero & Aliboria-o Bruar das cantareiras 8-Karü-Que o demo me leve 9-Marela-Cinza 10-Faia Díaz-Romance 11-Bellón Maceiras-Corridinho 12-Amorodo-Cero 13-Creepers-Andar de can 14-Rapants-Surfista rival

Jun 3, 202550 min

Sons de Nós 2 de xuño de 2025

1-Guadi Galego-Bailar 2-Os Carecos-Na fonte de Elviña 3-Mondra-Vale máis un canciño 4-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 5-Gala i Ovidio-Espadelada Gio 6-Ollo,Lóstrego!-Ocaso 7-Xose lois Romero & Aliboria-o Bruar das cantareiras 8-Karü-Que o demo me leve 9-Marela-Cinza 10-Faia Díaz-Romance 11-Bellón Maceiras-Corridinho 12-Amorodo-Cero 13-Galinha Pintadinha-Donha aranha 14-Moura-Alborada do Alén

Jun 2, 202551 min

Sons de Nós 29 de maio de 2025

1-Mondra-Viva viva 2-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 3-Gala i Ovidio-Espadelada Gio 4-Ollo, Lóstrego!-Ocaso 5-Xosé Lois Romero & Aliboria-O bruar das cantareiras 6-Karü-Herva seca 7-Marela-Comando revolución 8-Faia Díaz-Cocón 9-Bellón Maceiras-Xudias Rusas 10-Amorodo-Saudade 11-Exeria-Moderado, moderado 12-Hugo Guezeta e Guadi Galego-Equilibrar 13-Ruxe Ruxe-A sar eu vou 14-Diego Castro e os Impostores-Perder 15-QFB-Somos patrimonio 16-Golfiños-Un, dous, tres 17-Leilía-O meu amor

May 29, 20251h 9m

Sons de Nós 28 de maio de 2025

1-Mondra-Viva viva 2-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 3-Gala i Ovidio-Espadelada Gio 4-Ollo, Lóstrego!-Ocaso 5-Xosé Lois Romero & Aliboria-O bruar das cantareiras 6-Karü-Herva seca 7-Marela-Comando revolución 8-Faia Díaz-Cocón 9-Bellón Maceiras-Xudias Rusas 10-Amorodo-Saudade 11-Exeria-Moderado, moderado 12-Hugo Guezeta e Guadi Galego-Equilibrar 13-Ruxe Ruxe-A sar eu vou 14-Diego Castro e os Impostores-Perder 15-QFB-Somos patrimonio 16-Golfiños-Un, dous, tres 17-A Pedreira-Se me apuras

May 28, 20251h 9m

Sons de Nós 27 de maio de 2025

1-Caamaño & Ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña mansa 2-Gala i Ovidio-Espadelada Gio 3-Ollo, Lóstrego!-Ocaso 4-Xosé Lois Romero & Aliboria-O bruar das cantareiras 5-Bellón Maceiras-Once por catro 6-Karü-Agardarei 7-Marela-Terra soñada 8-Ruxe Ruxe-A sar eu vou 9-Mondra-Púxenme guapo 10-Amorodo-Sem excusas 11-Anxo Araújo-A costa Alentejana 12-Hugo Guezeta e Guadi Galego-Equilibrar 13-Faia Díaz-Mixurriña 14-Diego Castro e os Impostores-Surcos sobre o papel 15-QFB-Somos patrimonio 16-Brais das Hortas-O camino faise ao desbrozar 17-Bouba-Sequeiros

May 27, 20251h 14m

Sons de Nós con Hugo Guezeta 23 de maio de 2025

Non pode negarse que as músicas urbáns están en Galicia nun momento ben interesante, rap, trap, hip-hop, rap metal, todo unha pléxade de propostas que fan que sexa un dos momentos máis vizosos para moitos e moitas artistas galegos. En Sons de Nós temos a intención de achegarvos todo o que está a facerse no panorama musical galego no que a nosa lingua sexa o centro e motor da súa produción e resulta innegable que xa non hai proposta, nin xénero musical, que non conte na actualidade cunha boa parte dos seus representantes que non fagan a súa produción en lingua galega. Moi interesante a pegada que as músicas urbanas e a música electrónica teñen entre a mocidade galega. O seguimento ás bandas e solistas deste xénero está facendo que agromen propostas de concertos deste tipo por toda a xeografía galega. Ademais é máis que salientable o número de propostas deste xénero que “rapean”en galego con total naturalidade a xeito de herdeiros dos regueifeiros de toda a vida. Hugo Guezeta é un dos representantes desta corrente musical máis salientable, del din os críticos que é un dos rapeiros e letristas máis importantes e talentosos do panorama coñecido no panorama musical galego. Hugo xa é un coñecido do público das músicas urbanas porque formou parte dende 2016 a 2023 de SonDeRua, o grupo separouse en 2023 En 2024, iniciou un proxecto en solitario, que está a situalo como un referente no mundo do rap galego. Tivemos a sorte de que Hugo veña na compaña do produtor Peter Petrowsky, o seu cómplice imprescindible nesta súa nova andaina musical e de Iván That Bass Dj, quen está participando nos directos de presentación do seu disco O Noso Tempo na xira na que están embarcados.

May 23, 202559 min

Sons de Nós 22 de maio de 2025

1-Xosé Lois Romero & Aliboria-O bruar das cantareiras 2-Caamaño & ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña Mansa 3-Ollo,Lóstrego!-Ocaso 4-Sen Senra-Padiante 5-Marela–Prensa merdástica 6-KaRü-Que o demo me leve 7-Bellon Maceiras-Polca de Guilfoi 8-Ruxe Ruxe-A Sar eu vou 9-Mondra-Achar con quen casar 10-Somos Pava-8 Silabas 11-Anxo Araújo-A costa Alentejana 12-Hugo Guezeta e Guadi-Equilibrar 13-Faia Díaz-Teño sono 14-Diego Castro e os Impostores-Teixeiro Blues 15-QFB-Somos patrimonio 16-Golfiños-Lobo dos desexos 17-Tanxedoras-Muiñeira de Lourido, aparta vello

May 22, 20251h 8m

Sons de Nós 21 de maio de 2025

1-Xosé Lois Romero & Aliboria-O bruar das cantareiras 2-Caamaño & ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña Mansa 3-Ollo,Lóstrego!-Ocaso 4-Sen Senra-Padiante 5-Marela–Prensa merdástica 6-KaRü-Que o demo me leve 7-Bellon Maceiras-Polca de Guilfoi 8-Ruxe Ruxe-A Sar eu vou 9-Mondra-Achar con quen casar 10-Somos Pava-8 Silabas 11-Anxo Araújo-A costa Alentejana 12-Hugo Guezeta e Guadi-Equilibrar 13-Faia Díaz-Teño sono 14-Diego Castro e os Impostores-Teixeiro Blues 15-QFB-Somos patrimonio 16-Pakolas-Manolo Cavernario 17-Faltriqueira-Corpiño Xeitoso

May 21, 20251h 8m

Sons de Nós 20 de maio de 2025

1-Xosé Lois Romero & Aliboria-O bruar das cantareiras 2-Caamaño & ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña Mansa 3-Ollo,Lóstrego!-Ocaso 4-Sen Senra-Padiante 5-Marela–Prensa merdástica 6-KaRü-Flores na estrada 7-Bellon Maceiras-Polca de Guilfoi 8-Ruxe Ruxe-A Sar eu vou 9-Mondra Por te ver 10-Somos Pava-8 Silabas 11-Anxo Araújo-A costa Alentejana 12-Hugo Guezeta e Guadi-Equilibrar 13-Faia Díaz-Romance 14-Gala i Ovidio-Fantasmas que se ocultan 15-QFB-Somos patrimonio 16-Brais das Hortas-Astronauta 17-Tiruleque-Pasodobles

May 20, 20251h 16m

Sons de Nós 19 de maio de 2025

1-Xosé Lois Romero & Aliboria-O bruar das cantareiras 2-Caamaño & ameixeiras e Tanxugueiras-Ghatiña Mansa 3-Ollo,Lóstrego!-Ocaso 4-Sen Senra-Padiante 5-Marela–Prensa merdástica 6-KaRü-Flores na estrada 7-Bellon Maceiras-Polca de Guilfoi 8-Ruxe Ruxe-A Sar eu vou 9-Mondra Por te ver 10-Somos Pava-8 Silabas 11-Anxo Araújo-A costa Alentejana 12-Hugo Guezeta e Guadi-Equilibrar 13-Faia Díaz-Romance 14-Gala i Ovidio-Fantasmas que se ocultan 15-QFB-Somos patrimonio 16-Música Miúda-Xiana e a meiga Xela 17-Milladoiro-O voo da pomba

May 19, 20251h 13m

Sons de Nós con Narsés Mira 16 de maio de 2025

Cando falamos de música pensamos en artistas, intérpretes, o noso grupo favorito, ás veces incluso pasa por un recuncho da nosa imaxinación algún autor ou autora. Pero con total seguridade nunca pasará pola nosa cabeza a inxente cantidade de persoas que teñen que involucrarse no proceso que achega a nós unha canción. Desa parte agochada, moito menos glamourosa que a dos escenarios, encárganse persoas que teñen parte activa no éxito de esas cancións que algún día chegarán a formar parte das bandas sonoras das nosas vidas. Vós sabedes que en Sons de Nós temos un especial empeño en coñecer o que está a cocerse por dentro do noso panorama musical e cultural, porque é importante visualizar todo o que está por detrás e está a facer que, neste momento, existan creadoras e artistas que poñen a música galega e en galego no mapa. Competindo cos algoritmos e coas modas ás veces impostas. Imos acompañármonos hoxe dunha persoa que forma parte de ese backstage, desa parte traseira do escenario na que non se colocan os focos pero que teñen un peso fundamental en que desfrutemos da música, da cultura, acompáñanos Narsés Mira, xerente de Babel de Sons, representante de artistas, Promotor de Eventos Culturais, Produtor e Xestor de Eventos Culturais, consultor en temas culturais e aberto a “todo aquelo que nos queiras propoñer”. Narsés forma parte dese motor silencioso que pon en marcha iniciativas culturais ou que acompañan a creadorxs e artistas “liberándoas” das tarefas que frean a creatividade pero que son imprescindibles para que poidan chegar a nós.

May 16, 202559 min

Sons de Nós 15 de maio de 2025

1-Ruxe Ruxe-A sar eu vou 2-Mondra-Ata que Enrouqueza 3-Lucía Aldao-8 Sílabas 4-Anxo Araújo-Viva!! 5-Hugo Guezeta e Guadi-Equilibrar 6-Exeria-Moderado, moderado 7-Marela-Comando revolución 8-Diego Castro e Os Impostores-Teixeiro blues 9-Carlos Risco-A Carolina 10-Garza-No Río 11-Gala I Ovidio-Espadela Gio 12-QFB-Somos patrimonio 13-Faia Díaz-Touton 14-Amorodo-É por ti 15-The Ninghures-O último baile 16-A Galinha Pintadinha-Dona Aranha 17-Fuxan os Ventos-Sementeira

May 15, 20251h 2m

Sons de Nós 14 de maio de 2025

1-Ruxe Ruxe-A sar eu vou 2-Mondra-Ata que Enrouqueza 3-Lucía Aldao-8 Sílabas 4-Anxo Araújo-Viva!! 5-Hugo Guezeta e Guadi-Equilibrar 6-Exeria-Moderado, moderado 7-Marela-Comando revolución 8-Diego Castro e Os Impostores-Teixeiro blues 9-Carlos Risco-A Carolina 10-Garza-No Río 11-Gala I Ovidio-Espadela Gio 12-QFB-Somos patrimonio 13-Faia Díaz-Touton 14-Amorodo-É por ti 15-The Ninghures-O último baile 16-María Fumaça-O neno canibal 17-Milladoiro-Quen Poidera namorala

May 14, 20251h 6m

Sons de Nós 13 de maio de 2025

1-Somos Pava-8 Sílabas 2-Anxo Araújo-Costa Alentexana 3-Exeria-Moderaso, moderado 4-Marela-Cinza 5-Diego Castro e Os Impostores-Foraxido 6-Carlos Risco-A Carolina 7-Garza-Limiar 8-Vértebras-Icor 9-QFB-Somos patrimonio 10-Faia Díaz-Mixurriña 11-Mondra-Férveme o cu 12-Amorodo-Cero 13-De Ninghures-A burriña 14-Grande Amore-Flor de un día 15-The Rapants-Meu cariño 16-Pablo Díaz-Mazarico 17-Milladoiro-Quen Poidera namorala

May 13, 20251h 9m

Sons de Nós 12 de maio de 2025

1-Somos Pava-8 Sílabas 2-Anxo Araújo-Costa Alentexana 3-Exeria-Moderaso, moderado 4-Marela-Cinza 5-Diego Castro e Os Impostores-Foraxido 6-Carlos Risco-A Carolina 7-Garza-Limiar 8-Vértebras-Icor 9-QFB-Somos patrimonio 10-Faia Díaz-Mixurriña 11-Mondra-Férveme o cu 12-Amorodo-Cero 13-De Ninghures-A burriña 14-Grande Amore-Flor de un día 15-The Rapants-Meu cariño 16-Magín Blanco-Don Ramón 17-Xabier Díaz-No salón das cereixas

May 12, 20251h 9m

Sons de Nós 8 de maio de 2025

1-Garza-Limiar 2-Hugo Guezeta-100 frases 3-Carlos Risco-A Carolina 4-Mondra-Férveme o cu 5-QFB-Somos patrimonio 6-Fillas de Cassandra-Feito a man 7-Crúas-Nai de ninguén 8-Dakidarría-Tambores de guerra 9-Zavala-Tora Tora 10-Los Eternos-Meu ben 11-Sofía Espiñeira-Manuel 12-Faia Díaz-Dona Alvela 13-Amorodo-Saude 14-De Ninghures-Feira 15-Grande Amore-Se te volvo a ver 16-Uxía Lambona e a Banda Molona-Rock Molón 17-Xosé Lois Romero-O lyrio

May 8, 20251h 8m

Sons de Nós 7 de maio de 2025

1-Garza-Limiar 2-Hugo Guezeta-100 frases 3-Carlos Risco-A Carolina 4-Mondra-Férveme o cu 5-QFB-Somos patrimonio 6-Fillas de Cassandra-Feito a man 7-Crúas-Nai de ninguén 8-Dakidarría-Tambores de guerra 9-Zavala-Tora Tora 10-Los Eternos-Meu ben 11-Sofía Espiñeira-Manuel 12-Faia Díaz-Dona Alvela 13-Amorodo-Saude 14-De Ninghures-Feira 15-Grande Amore-Se te volvo a ver 16-Uxía Lambona e a Banda Molona-Entroido 17-Bala-Rituais

May 7, 20251h 9m

Sons de Nós 6 de maio de 2025

1-Hugo Guezeta-100 frases 2-Garza-Silente 3-Carlos Risco-A Carolina 4-Mondra-Férveme o cu 5-QFB-Somos patrimonio 6-Fillas de Cassandra-Arderse 7-Crúas-Nai de ninguén 8-Dakidarría-Tambores de guerra 9-Zavala-Aquí dragons 10-Los Eternos-A forza das mareas 11-Sofía Espiñeira-Tormentas 12-Faia Díaz-Cocón 13-Amorodo-Sen escusas 14-De Ninghures-Morena 15-Grande Amore-Contigo 16-As Incribles Páncreas-Non podo parar 17-A Roda-San Benitiño

May 6, 20251h 8m

Sons de Nós 5 de maio de 2025

1-Hugo Guezeta-100 frases 2-Garza-Silente 3-Carlos Risco-A Carolina 4-Mondra-Férveme o cu 5-QFB-Somos patrimonio 6-Fillas de Cassandra-Arderse 7-Crúas-Nai de ninguén 8-Dakidarría-Tambores de guerra 9-Zavala-Aquí dragons 10-Los Eternos-A forza das mareas 11-Sofía Espiñeira-Tormentas 12-Faia Díaz-Cocón 13-Amorodo-Sen escusas 14-De Ninghures-Morena 15-Grande Amore-Contigo 16-As Maimiñas-Que as ondas me leven 17-Luis Emilio Batallán-Aí ven o maio

May 5, 20251h 10m

Sons de Nós con QFB 2 de maio de 2025

QFB é unha banda de RapMetal en Galego da cidade da Coruña formada por Zalo Abeledo, David Acuña, David Rodríguez, Brais Diéguez e Toni Fernández, Toninho. Son o renacer dunha banda homónima que pisaba firme nos escenarios aló polos anos 90 do pasado século, unha conexión de amigos que aínda hoxe se declaran “familia”. QFB deixaron os escenarios no seu mellor momento porque a vida, ás veces, imponse, pero rexorden en 2019 con cancións reivindicativas que buscan poñer en valor a terra, a lingua e a cultura galega. Iso si, a reivindicación tamén fai uso da festa e a retranca, eis toda unha declaración de intencións. David Acuña e Toni, visitaron Sons de Nós para conversar sobre o seu traballo e as súas novas propostas. No 2022, dous anos despois de rexuntarvos, publicades o voso primeiro traballo discográfico, “Rexurdir”, un tributo á banda orixinal con 6 temas gravados no 95 enfrontados con outros 6 gravados en 2022. Hai herdanzas ás que non se debe renunciar. Xa nese momento estaban a preparar novos temas, todos eles en galego, unha transformación natural que só é reflexo do uso que a cotío fan da lingua. Especialmente orgullosos dese “Compañeiro Daniel”, o poema de Darío Xohán Cabana dedicado a Castelao musicado nos anos 70 polo cantautor Suso Vaamonde no que renden homenaxe a Castelao a ritmo de hip hop. A súa última proposta “Somos Patrimonio”, é un chanzo máis no seu compromiso de apoiar a cultura galega a ritmo de rap metal, con esta peza queren axudar a difundir a iniciativa para que o baile e a música tradicional da Galiza sexan recoñecidos coma Ben de Interese Cultural e tamén coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco.

May 2, 202558 min

Sons de Nós 30 de abril de 2025

1-Fillas de Cassandra-Quebrantarse 2-Leria-OQMVEG 3-Faia Díaz-e se queres 4-Zavala-Retrouso do barqueiro 5-Dakidarría-Lúa 6-Grande Amore-Maldita sea mi suerte 7-Mondra-Teño o caldo quente 8-Crúas-Compañeira 9-Lidia India-Ata que o corpiño Aghuante 10-Los Eternos-Mar dos Balandros 11-De Ninghures-Poço 12-Pakolas-Ramona Órbita 13-Ruxe Ruxe-Esta vez 14-Luis Emilio Batallan-I a nosa señora detrás do tonel

Apr 30, 202547 min

Sons de Nós 29 de abril de 2025

1-Fillas de Cassandra-Quebrantarse 2-Leria-OQMVEG 3-Faia Díaz-e se queres 4-Zavala-Retrouso do barqueiro 5-Dakidarría-Lúa 6-Grande Amore-Maldita sea mi suerte 7-Mondra-Teño o caldo quente 8-Crúas-Compañeira 9-Lidia India-Ata que o corpiño Aghuante 10-Los Eternos-Mar dos Balandros 11-De Ninghures-Poço 12-Pakolas-Ramona Órbita 13-Ruxe Ruxe-Esta vez 14-Tanxugueiras-Quen é a que canta?

Apr 29, 202547 min

Sons de Nós 28 de abril de 2025

1-Fillas de Cassandra-Quebrantarse 2-Leria-OQMVEG 3-Faia Díaz-e se queres 4-Zavala-Retrouso do barqueiro 5-Dakidarría-Lúa 6-Grande Amore-Maldita sea mi suerte 7-Mondra-Teño o caldo quente 8-Crúas-Compañeira 9-Lidia India-Ata que o corpiño Aghuante 10-Los Eternos-Mar dos Balandros 11-De Ninghures-Poço 12-Pakolas-Ramona Órbita 13-Ruxe Ruxe-Esta vez 14-Zeca Afonso-Grándola

Apr 28, 202547 min

Sons de Nós con Zavala 25-4-25

Nesta ocasión Carla Romalde, frontgirl da banda e voz inconfundible dentro e fora do escenario, acompañounos para presentarnos o presente da banda e os proxectos, xa máis que proxectos, para o vindeiro traballo musical que, xa o avanza, vai a ser unha ruptura total co que levan feito ata o momento. O grupo empeza a fraguarse no ano 2020 da magnífica conexión entre Carla Romalde e Víctor Ledo e ao seu proxecto foron sumando instrumentación, voces e tamén imaxes. Zavala, que toman o nome dun música polo que senten admiración, nace da unión a este proxecto de Carlos Castro “Kos” (programacións, bases e visuais), Elena Zas (piano, viola e coros), Víctor Ledo (guitarra e coros) e Carla Romalde (voz e flauta traveseira). Esta segunda parte de “Pequeno Manual...” ten máis presenza das influencias confesadas da música profesional e contan para reafirmalo coa presenza das cómplices perfectas para a ocasión, as Atalaias de Caión dan o contrapunto cantareiras a este proxecto que mestura á perfección estilos e influencias. Unha presencia que estaba xa pensada para o Volume I do manual pero que decidiron introducir nesta segunda entrega e que, agora, ten cadrado á perfección coa celebración das Letras Galegas deste ano, unha afortunada coincidencia non buscada pero moi ben acaida. As cancións, as letras sempre no centro da súa proposta, e esa maneira de navegar entre o electrónico e o tradicional, o orgánico e o sintético, que para eles xurde dun xeito natural, son “eclécticos e en movemento constante”, sen medo a probar e mesturar, iso si, tendo como marco central a melodía, a canción e si, tamén a poesía – imposible non admirar a Carla recitando as cancións. Temas comprometidos e que miran de fronte á sociedade actual, como Neptuno, Agora ou Mundo Clon, un adianto, asegura Carla, do que xa está nos novos temas que xa teñen preparados. Un presente cheo de boa música, un “Pequeno Manual para Grandes Cambios, Volumes I e II” completos pechando un proxecto que xa está dando paso ao seguinte, porque a súa produción sigue, xa hai cancións para outros dous novos discos, seguir a crear, transformando a súa proposta, que “vai a sorprender moito”, asegura Carla. Iso si, o compromiso e cancións reivindicativas seguirán presentes no que está por vir

Apr 25, 202547 min

Sons de Nós 24 de abril de 2025

1-Fillas de Cassandra-Quebrantarse 2-Leria-OQMVEG 3-Faia Díaz-e se queres 4-Zavala-Retrouso do barqueiro 5-Dakidarría-Lúa 6-Grande Amore-Maldita sea mi suerte 7-Mondra-Teño o caldo quente 8-Crúas-Compañeira 9-Lidia India-Ata que o corpiño Aghuante 10-Los Eternos-Mar dos Balandros 11-De Ninghures-Poço 12-Pakolas-Ramona Órbita 13-Ruxe Ruxe-Esta vez 14-QFB-Compañeiro Daniel

Apr 24, 202547 min

Sons de Nós 23 de abril de 2024

1-Fillas de Cassandra-Quebrantarse 2-Leria-OQMVEG 3-Faia Díaz-e se queres 4-Zavala-Retrouso do barqueiro 5-Dakidarría-Lúa 6-Grande Amore-Maldita sea mi suerte 7-Mondra-Teño o caldo quente 8-Crúas-Compañeira 9-Lidia India-Ata que o corpiño Aghuante 10-Los Eternos-Mar dos Balandros 11-De Ninghures-Poço 12-Pakolas-Ramona Órbita 13-Ruxe Ruxe-Esta vez 14-Luar Na Lubre-Os animais

Apr 23, 202548 min

Sons de Nós 22 de abril de 2025

1-Fillas de Cassandra-Quebrantarse 2-Leria-OQMVEG 3-Faia Díaz-e se queres 4-Zavala-Retrouso do barqueiro 5-Dakidarría-Lúa 6-Grande Amore-Maldita sea mi suerte 7-Mondra-Teño o caldo quente 8-Crúas-Compañeira 9-Lidia India-Ata que o corpiño Aghuante 10-Los Eternos-Mar dos Balandros 11-De Ninghures-Poço 12-Pakolas-Ramona Órbita 13-Ruxe Ruxe-Esta vez 14-Dulce Pontes-Lela

Apr 22, 202548 min

Sons de Nós 21 de abril de 2025

1-Fillas de Cassandra-Quebrantarse 2-Leria-OQMVEG 3-Faia Díaz-e se queres 4-Zavala-Retrouso do barqueiro 5-Dakidarría-Lúa 6-Grande Amore-Maldita sea mi suerte 7-Mondra-Teño o caldo quente 8-Crúas-Compañeira 9-Lidia India-Ata que o corpiño Aghuante 10-Los Eternos-Mar dos Balandros 11-De Ninghures-Poço 12-Pakolas-Ramona Órbita 13-Ruxe Ruxe-Esta vez 14-Xil Rios-Xirarei

Apr 21, 202547 min

Sons de Nós 16 de abril de 2025

1-A Pedreira-Se me apuras 2-Crúas-Nai de ninguén 3-Dakidarría-Tambores de guerra 4-Zavala-Aquí dragóns 5-Fillas de Cassandra-Feito a man V1 6-Los Eternos-O can 7-Sofía Espiñeira-Son árbore 8-Faia Díaz-Escribíache 9-Amorodo-É por ti 10-De Ninghures-Descolorido 11-Mondra-Teño o caldo quente 12-Grande Amore-Ti e máis eu 13-Gael Ares-Bule Bule 14-Andrea Pousa-Camiñares

Apr 16, 202546 min