
#00 - Pedaladas Podcast
Presentación do podcast, dos colaboradores e das seccións
Show Notes
Pedaladas é un programa para falar dos desprazamentos en bicicleta, do seu impacto social como medio de transporte. Exploraremos diferentes temas, como as infraestruturas ciclistas nas cidades galegas, as iniciativas comunitarias para fomentar o uso da bicicleta, rutas cicloturistas, mecánica e consellos para un mellor uso da bici...
No podcast queremos amosar unha visión máis social e comunitaria da bicicleta, que nos permita enfocarnos en como o ciclismo mellora a calidade de vida, reduce a pegada de carbono e favorece a creación de espazos máis humanizados nas cidades.
E parte importante de todo isto son as propias persoas... contaremos con diferentes colaboradores de diversos colectivos da bici en Galicia, que nos axudarán a coñecer en profundidade todos estos temas e as iniciativas que se están levando a cabo.
Pola miña parte, son Jorge Lama, retomei o uso da bici por motivos de saúde fai un tempo, e levo producindo programas de podcast desde fai máis de 15 anos. Podes localizarme nas redes sociais co nick de @raivenra ou a través do correo: [email protected]
Espero que disfrutedes desta viaxe, dando pedaladas ou en calquera outra situación...
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0
Nas labores técnicas de gravación, edición e montaxe: Jorge Lama (@raivenra).
Music: Realizer - Kevin MacLeod (incompetech.com) Licensed under Creative Commons: By Attribution 3.0 License http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/