
#95 - Pablo Mariño, gañador do primeiro premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre 2022
Pablo Mariño, gañador do primeiro premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre 2022
Audio is streamed directly from the publisher (ia601008.us.archive.org) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
O pasado venres 21 de outubro, tivo lugar no GaiásTech da Cidade da Cultura o acto de resolución da XV edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre.
Os catro finalistas que alcanzaron a fase final da presente edición foron os seguintes:
– Alejandro Iregui Valcarcel co proxecto eHand: arquitectura de control para prótesis mio-eléctricas.
– Pedro Guijas Bravo co proxecto Desenvolvemento dunha biblioteca para a aprendizaxe federada baixo unha arquitectura peer-to-peer.
– Pablo Mariño Boga co proxecto Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade ambiental.
– E Eliseo Bao Souto co Ranking de usuarias de Reddit aplicando un modelo de relevancia para trastornos depresivos.
Hoxe contamos nos micros de Mancomún con Pablo Mariño boga, que acadou o primeiro premio.
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0