PLAY PODCASTS
#123 - Proxecto Nós, o Galego na Intelixencia Artificial

#123 - Proxecto Nós, o Galego na Intelixencia Artificial

Proxecto Nós, o Galego na Intelixencia Artificial

Mancomún Podcast

April 18, 2024

Audio is streamed directly from the publisher (ia600201.us.archive.org) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

Mancomún podcast – Proxecto Nós

Se queremos que o noso idioma teña presenza no mundo tecnolóxico, é necesaria a creación de corpus lingüísticos e de modelos de linguaxe profunda que inclúan o galego. As tecnoloxías lingüísticas son elementos transversais que van estar en todos os sectores da economía, da cultura e da sociedade.

Hoxe falaremos coa xente do Proxecto Nós, para coñecer de primeira man os traballos que están a levar a cabo, conseguindo que todos poidamos dispoñer das tecnoloxías dixitais en galego.

Enlaces mencionados no programa

Proxecto Nós
https://nos.gal/gl/proxecto-nos

Síntese de voz con Celtia
https://tts.nos.gal/

Recursos do proxecto
https://nos.gal/gl/proxecto-nos/recursos

As músicas usadas neste programa foron:

- Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY
License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
- Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Topics

mancomúnsoftwarelibregaliciaocflossamtega