
Fálase
66 episodes — Page 2 of 2

S1 Ep 16Fálase 16 - Todos os nomes do presidente e unha reportaxe de premio
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, repasamos os nomes e perfís do novo círculo de nomes do presidente da Xunta, esas persoas que adoitan estar lonxe dos focos pero sen as que é imposible comprender como se organiza e exerce o poder político en Galicia. Tamén sobre a reportaxe de Ana G. Liste na que abordamos o impacto da tensión familiar pola COVID na infancia, galardoada co Premio de Comunicacón Xoán Vicente Viqueira

S1 Ep 15Fálase 15 - Agro sen terra e afacerse á festa
Tras a perda de 100.000 hectáreas de superficie agraria útil en apenas vinte anos, no podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, buscamos entender por que amplas superficies do campo galego deixaron de utilizarse para producir alimentos. Con VINTE, escoitamos músicas dende o Día das Letras a Eurovisión pasando polo FaCeLa Fest de Lugo ou un concerto de Ortiga en Santiago, observamos disidencias téxtiles e poñemos rumbo ao Festival de Cans

S1 Ep 14Fálase 14 - Sen marisco na ría e con Rueda na Xunta
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ás causas da profunda crise no marisqueo da ría de Arousa, con caídas de ata un 70%, e repasamos o máis destacado do discurso de investidura de Alfonso Rueda como candidato á presidencia da Xunta e das reaccións de BNG e PSdeG

S1 Ep 13Fálase 13 - De onde vén Rueda e a celebración da intimidade
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ao perfil do vindeiro presidente da Xunta dende as súas ligazóns familiares coa política e os seus cargos nos tempos de Fraga ata a actualidade, pasando polo seu papel nas campañas de Feijóo. Con VINTE achegámonos a unha manchea de novidades artísticas e a moita música, do novo de Blanco Palamera ao hit do verán de Ortiga e Pili Pampín

S1 Ep 12Fálase 12 - Xustiza en Angrois
Tras coñecerse a data na que comezará o xuízo polo accidente de Angrois, no Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, refrescamos o contexto do sucedido, escoitamos as voces dos dous acusados e falamos con Jesús Domínguez, presidente da asociación de vítimas Alvia 04155

S1 Ep 11Fálase 11 - Entrevista con Pontón e un roteiro polo Porto
No undécimo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao repasamos o máis destacado da entrevista coa portavoz nacional do BNG e, con VINTE, paseamos polo Porto e imos ao concerto das Tanxugueiras en Vigo

S1 Ep 10Fálase 10 - Entrevista con Formoso e dez anos do incendio nas fragas
No décimo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, escoitamos o máis destacado da entrevista que nos concedeu o secretario xeral do PSdeG e regresamos ás fragas do Eume dez anos despois do incendio para escoitar as voces da veciñanza e dos movementos ecoloxistas e analizar carencias que aínda persisten nel, a comezar pola ausencia do plan reitor ao que obriga a lei

S1 Ep 9Fálase 9 - A sanidade de Feijóo e bombas de chocolate
No novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, facemos balance da política sanitario nos 13 anos da presidencia de Feijóo e escoitamos como o ven Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, e Aurora Magán, das Enfermeiras Eventuais en Loita. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE cun "non á guerra" en forma de conto infantil

S1 Ep 8Fálase 8 - Emerxencia no campo e o que quedou da Pokémon
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos á crise que abafa o sector agrogandeiro por mor da pronunciada suba dos custos de produción e, ao fío do arquivo da última causa xudicial que atinxía o ex-alcalde lucense López Orozco, lembramos o que foi a operación Pokémon e o que queda dela máis dunha década despois

S1 Ep 7Fálase 7 - Regreso ao futuro de Feijóo e melodías distópicas
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos a sorpresa que causa nalgúns eidos o ton de Feijóo como candidato ao liderado do PP e tiramos fíos que nos levan á primeira campaña electoral na que optou á presidencia da Xunta, no ano 2009. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE, dende o Festival da Canção a unha manchea de novidades musicais e ás interioridades dun libro a piques de ver a luz

S1 Ep 6Fálase 6 - Mulleres do mar e da memoria do 10 de marzo de Ferrol
No novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, escoitamos as historias de mulleres do mar que fican en terra mentres os seus maridos están embarcados e tamén a voz de Sari Alabau, unha das impulsoras da loita obreira e antifranquista nos sucesos de Ferrol en 1972, mobilización pola que a ditadura a encarcerou

S1 Ep 5Fálase 5 - A marcha de Feijóo e xuntos, máis fortes
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, estivemos no acto en que Feijóo ratificou que vai ser o sucesor de Pablo Casado no PP e explicamos como se vai converter no primeiro presidente na historia da Xunta que renuncia ao cargo, para o que repasamos como deixaron o Goberno os seus predecesores: Albor, Laxe, Fraga e Touriño. Con María Yáñez achegámonos ao que se fala en VINTE (https://vinte.praza.gal) comezando por 'Xuntos', a emblemática canción de Juan Pardo "expropiada" polos Familia Caamagno. Conducido por David Lombao

S1 Ep 4Fálase 4 - Trinta anos en Terranova e Feijóo a Madrid
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal damos contexto ao tráxico naufraxio do Villa de Pitanxo coa axuda dun mariñeiro veterano de Terranova e analizamos o impacto en Galicia da crise interna do PP, comezando polas diferenzas coa renuncia de Feijóo en 2018 a liderar o partido e seguindo polo mapa político que se abrirá en Galicia se o actual presidente renuncia de vez. Conducido por David Lombao e con todo o equipo de Praza.gal

S1 Ep 3Fálase 3 - Os abusos na Igrexa e investigalo "todo"
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal analizamos o contraste entre o discurso do arcebispado de Santiago sobre a investigación de abusos sexuais na Igrexa e as retesías que amosa ao respecto o Goberno galego, botando man da hemeroteca e tamén das posturas máis recentes dos principais grupos políticos do país. Tamén nos achegamos a VINTE, con "Ana come pan" e moita música. Conducido por David Lombao

S1 Ep 2Fálase 2 - Bancos pechados e o exemplo vital de Rafael Pillado
O segundo episodio de Fálase céntrase nos datos que acreditan que Galicia bate récords de cartos depositados nos bancos mentres o número de sucursais é o menor dende 1974 e repasa as orixes de parte do problema, coa fusión das desaparecidas grandes caixas galegas. Tamén escoitamos as reflexións de Rafael Pillado, veterano traballador e sindicalista do naval ferrolán que vén de revelar que padece un cancro provocado polos anos en que tivo que manipular amianto. Conducido por David Lombao.

S1 Ep 1Fálase 1 - Un podcast do que se fala en Praza.gal
Nace o primeiro podcast informativo producido por Praza.gal coa vontade de explicar, contextualizar ou resumir algunhas das informacións nas que traballamos. Neste primeiro episodio abordamos a suba dos prezos da vivenda de alugueiro e o escaso balance do primeiro ano do teléfono 'antiocupacións' da Xunta. Tamén nos achegamos a VINTE coa súa directora, María Yáñez, onde se fala da enorme vaga expansiva do paso das Tanxugueiras polo Benidorm Fest, pero tamén de moita máis música e dun podcast da casa: Café Derby 21