
Paula Tomé: “Non temos por que sentir vergoña ou ser rexeitados por ter unhas experiencias psíquicas diferentes"
El Salto Radio · El Salto Radio
March 19, 202114m 48s
Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
Agora que se cumpriu un ano dende que a COVID-19 paralizase as nosas vidas, queremos poñer o foco na saúde mental que, en maior ou menos medida, todos e todas vimos afectada nestes últimos meses. Para este motivo, facémonos eco desta entrevista a Paula Tomé, integrante da Coordinadora Galega de Saúde Mental e activista contra a estigmatización das persoas diagnosticadas, realizada polas compañeiras do podcast “Castañas No Verán”.
Nesta peza, Sofía Camaño conversa coa activista, entre outras cousas, sobre a importancia da linguaxe no proceso de desestigmatización, sobre a busca do empoderamento do colectivo a través do movemento “Orgullo Tolo” e tamén sobre o proxecto Radio Prometea, un programa emitido en CUAC FM e que busca dar ás persoas diagnosticadas un espazo onde expresarse fóra do ámbito clínico.