
Season 3 · Episode 12
O Teleclube 03x12: "O axente segredo" e "A voz de Hind"
El Salto Radio · El Salto Radio
March 17, 202644m 23s
Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
O Teleclube' fai unha sesión dobre con 'O axente segredo' e 'A voz de Hind', dous filmes que son un chamamento á resistencia
Despois dos Oscar, 'O Teleclube' analiza dous dos mellores filmes nominados este ano.
Aviso: O inicio do podcast ten peor calidade de son por problemas na gravación. Perdoade a molestia!
Tras dedicar podcasts ás outras nominacións a mellor filme internacional nos Oscar ('Valor Sentimental', 'Sirat' e 'Un simple accidente'), 'O Teleclube' dedica estes novo episodio ás dúas que faltaban, 'O axente segredo' de Kleber Mendonça Filho e 'A voz de 'Hind' de Kaouther Ben Hania. Aínda que están ambientadas en épocas e países moi distintas, as dúas películas son un grito de resistencia ante o fascismo, a violencia política e o xenocidio.
'O axente segredo', a nova obra mestra do director brasileiro Mendonça Filho conta unha historia de intriga sobre Armando (Wagner Moura) un home que se esconde das autoridades dictatoriais no Brasil dos anos 70.
'A voz de Hind', da aclamada directora tunesina Ben Hania, presenta a traxedia de Hind Rajab, unha nena asesinada polos militares israelís, usando gravacións da propia voz da nena mesturadas con actores que fan dos traballadores da media lúa vermella que a intentan rescatar. É unha experiencia durísima, pero seguramente a película máis importante do ano.
Se queres escoitar as críticas por separado 'O axente segredo' vai ata o minuto 25, continuación analizamos 'A voz de Hind'.
Veste con nós a unha nova sesión de cine?
E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Ivoox ou na web de O Salto Galiza.