PLAY PODCASTS
O Teleclube 03x09: "Hamnet"
Season 3 · Episode 9

O Teleclube 03x09: "Hamnet"

El Salto Radio · El Salto Radio

February 3, 202626m 51s

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

'O Teleclube' sométese a 'Hamnet', a película que ten a todo o mundo chorando mares Chloé Zhao adapta o exitoso libro de Maggie O'Farrell sobre a vida da muller de Shakespeare, Agnes, e os seus fillos. Despois de gañar un Oscar por 'Nomadland' e facer unha película de Marvel con 'Os Eternals', Chloé Zhao xúntase co productor Steven Spielberg e a autora Maggie O´Farrell e presenta unha película sobre o dó despois da perda dun fillo, e como a arte pode servir para precesalo e transformalo en algo catártico. A alucinante Jessie Buckley é Agnes, unha curandeira espiritual e mística que fuxe das expectativas da sociedade. Casa cun novo William Shakespeare (Paul Mescal) e teñen unha familia pequena que será marcada pola traxedia. Sairemos conmovidas por esta historia de amor e dor ou proclamaremos manipulación emocional como algúns críticos están facendo? Escóitanos para averigualo! E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.