PLAY PODCASTS
O Teleclube 03x06: "Ciudad sin sueño"
Season 3 · Episode 6

O Teleclube 03x06: "Ciudad sin sueño"

El Salto Radio · El Salto Radio

December 2, 202530m 29s

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

A Cañada Real e as habitantes da 'Cidade sen sono' protagonizan o novo episodio de 'O Teleclube'. Guillermo Galoe adéntrase nas vidas da xente da Cañada Real para levar as súas historias á gran pantalla. Con "Cidade sen sono", Galoe estrea a súa primeira longametraxe de ficción, unha obra inmensamente humana sobre a Cañada Real, o asentamento irregular máis grande de Europa que queda xusto nas aforas de Madrid e que leva máis de 5 anos sen luz. A película conta a historia da chegada á madurez de Toni (Antonio Fernández Gabarre), un adolescente que está pasando por moitos cambios, incluíndo a decisión da súa familia de marcharse do seu fogar ou quedarse. Galeo leva anos traballando na Cañada Real, e co resto do elenco e equipo consigue contar unha historia sobre esta comunidade marxinalizada dun xeito realista e edificante. Veste con nós a unha nova sesión de cine? E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.