PLAY PODCASTS
O Teleclube 03x03: "Un Simple Accidente"
Season 3 · Episode 3

O Teleclube 03x03: "Un Simple Accidente"

El Salto Radio · El Salto Radio

October 21, 202528m 23s

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

'Un simple accidente', o novo filme disidente do iraní Jafar Panahi, protagoniza o novo episodio de 'O Teleclube' O director activista impresiona con outra obra intrépida que levou a Palma de Ouro. En Cannes non só premiaron unha película, senón tamén a carreira de loita do seu director Jafar Panahi. Censurado e encarcerado, Panahi nunca deixou que as ameazas do seu goberno lle impedisen facer filmes. Despois dun accidente, un home cre que se acaba de cruzar por casualidade co seu interragador e torturador de cando estaba no cárcere. Toma accións drásticas para vingarse, pero despois dubida da identidade do home. A nova película de Panahi é unha visión humanista dun sistema cruel que pon aos cidadáns uns contra outros. Veste con nós a unha nova sesión de cine? E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.