
Season 2 · Episode 12
O Teleclube 02x12: "A rapaza da agulla"
El Salto Radio · El Salto Radio
April 1, 202525m 45s
Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
"A Rapaza da Agulla" inquieta a "O Teleclube".
Magnus von Horn dirixe un conto de fadas para adultos cuberto dun branco e negro espantoso.
Nominada ao Oscar a mellor filme internacional, esta película danesa explora o mundo da maternidade en forma dun pesadelo perturbador con tanto estilo como substancia.
Karoline, unha costureira pobre que traballa a finais da Primeira Guerra Mundial fica embarazada e non sabe que facer. Coñece a Dagmar (a brillante Trine Dyrholm) quen lle promete axuda.
É mellor non saber máis para disfrutar, ou máis ben sufrir, dos acontecementos inesperados que ocorren despois. Si que se pode dicir que as dúas protagonistas dan unhas actuacións alucinantes e a fotografía e trama lembran a Guillermo del Toro e o expresionismo alemán.
Veste con nós a unha nova sesión de cine?
E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores.