PLAY PODCASTS
O Teleclube 02x06: "Prefiro condenarme"
Season 2 · Episode 6

O Teleclube 02x06: "Prefiro condenarme"

El Salto Radio · El Salto Radio

November 26, 202427m 28s

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

"Prefiro Condenarme", a nova visión de cinema documental de Margarita Ledo estréase en "O Teleclube". Ledo tráenos a historia de Sagrario, unha muller que figura como un símbolo de rebeldía e valentía en tempos de ditadura franquista. Sagrario, unha mariscadora de Ferrolterra, vese nun matrimonio de maltrato nunha época na que o divorcio era ilegal. No canto de aguantar calada esta situación, esta muller decide loitar por mudar a súa situación, e busca o amor noutro sitio, atopándoo ao lado de Nicolás, un carpinteiro, feito que fai que remate nun xulgado acusada adulterio. Ledo achéganos á historia de Sagrario coa súa característica mestura de entrevistas, escenas ficcionadas, material de arquivo, poesía e performance, o que fai que a súa obra sexa moito máis cun sinxelo documental. Escoita este novo episodio para saber que nos pareceu. Veste con nós a unha nova sesión de cine? E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores!