PLAY PODCASTS
O galego na rede: a eclosión dos podcast

O galego na rede: a eclosión dos podcast

El Salto Radio · El Salto Radio

May 16, 202137m 43s

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

O aumento do número de podcast producidos en España nos últimos anos é innegable. Xa sexan contidos creados co soporte dos grandes grupos de medios ou iniciativas moito máis pequenas levadas a cabo por particulares con poucos máis recursos que un micrófono e un ordenador. O difícil non é gravar un programa, senón mantelo ao longo do tempo e, sobre todo, conseguir que teña visibilidade na rede, unha tarefa que se complica aínda máis se a vehicularidade do teu contido reside nunha lingua minorizada. Coa fin de paliar esta dificultade engadida e dar difusión aos podcast en galego, naceu PodGalego unha plataforma independente que agrupa entre 80 e 90 programas en activo. “Despois de crear podgalego xurdiron algúns, incluso moitos comezaron a chegar dende as radios libres”, comenta Uxío Broullón, un dos impulsores do directorio que asegura que “crear contido en galego para internet é un traballo de canteira. Hai que ir desfacendo a pedra con pingas”. Esta crecente oferta de contido sonoro en galego é ademais moi diversa, tanto nos formatos empregados, que van de dende os xéneros xornalísticos máis puros ata desenfadadas conversas entre amigos, como nas temáticas que abordan. Pero, ¿segue existindo a sensación de que o galego actúa como teito de cristal á hora de medrar en Internet?