PLAY PODCASTS
A Catapulta 01x05 Bratzantifa

A Catapulta 01x05 Bratzantifa

El Salto Radio · El Salto Radio

July 20, 20231h 38m

Audio is streamed directly from the publisher (ivoox.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.

Show Notes

A Catapulta activa de novo os seus mecanismos para coñecer o traballo do grupo ferrolán Bratzantifa, as autodenominadas “hooligans do blandito”. Aos mandos da Catapulta está o poeta Samuel L. París. No programa “A Catapulta”, ademais de coñecer máis en profundidade a labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado. O programa tamén conta cunha axenda mensual de eventos poéticos para non perder nada do que está a se mover no mundo da poesía galega. Ademais de poder seguir o programa en directo, puidendo interactuar durante a emisión a través do chat de Twitch e Youtube, cada episodio queda dispoñible para revisión nestas dúas canles e tamén está dispoñible en formato podcast posteriormente a través da web do Salto. E, desde hai uns días, tamén A Catapulta tamén se escoitar dentro da programación de El Salto Radio, a emisora online de El Salto. Podes escoitar ou ver os programas anteriores nas pezas que están a seguir. Lembrade que regresamos en setembro, temos que poñer a punto a nosa máquina para o asalto poético.