
Season 1 · Episode 2
E01 - Rosalía de Castro, feminismo e identidade
Álbum de las letras gallegas - Álbum das letras galegas · Podium Podcast
April 17, 201928m 54s
Audio is streamed directly from the publisher (prisa-es.mc.tritondigital.com) as published in their RSS feed. Play Podcasts does not host this file. Rights-holders can request removal through the copyright & takedown page.
Show Notes
Unha forma de comprender o mundo. De expresalo. Unha maneira de estar no mundo, de ser parte del. Unha vía para comunicar un sentimento, unha identidade, unha terra, unha cultura. O álbum das letras galegas é un percorrido pola vida e a obra de cinco autores emblemáticos da literatura de Galicia. Grazas ao seu traballo, ao seu talento, á súa valentía e ao seu tesón hoxe en día as letras galegas gozan do respecto, do prestixio e do recoñecemento de todo o mundo.
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837. Foi unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento, o movemento que durante o século XIX revitalizou a lingua galega como vehículo de expresión cultural tras o ostracismo dos tres séculos precedentes, coñecidos como os Séculos Escuros.